Friol, 15 de xaneiro de 2020. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinaron na mañá de hoxe un convenio de colaboración entre os tres departamentos que impulsa unha alianza estratéxica para loitar contra a obesidade infantil e promove estilos de vida activa nos escolares galegos dos centros participantes nos Proxectos de Vida Activa – Rede de Centros Activos e Saudables a través da plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable), desenvolvidos ao amparo do Plan de Fomento de Actividade Física ‘Galicia Saudable’. O acto tamén contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López e do alcalde de Friol, José Ángel Santos.
O Plan Galicia Saudable nace en 2012 para facer fronte a un dos grandes desafíos da saúde pública de comezos do século XXI, o aumento das mortes, enfermidades e discapacidades provocadas polo sedentarismo e a práctica insuficiente de actividade física. Dentro do seu amplo abanico de ferramentas e plataformas orientadas a esta fin destaca DAFIS como un protocolo de valoración da condición física relacionada coa saúde do alumnado. A Organización Mundial da Saúde, a través da súa oficina europea, seleccionou o programa en 2018 como o mellor exemplo nacional de boas prácticas para a promoción da actividade física no ámbito escolar.
A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, é a responsable da xestión da plataforma DAFIS que, desde o primeiro curso no que se puxo en marcha (2012/2013), contou coa participación de 141 centros educativos de 73 concellos. En total realizáronse 26.606 valoracións de condición física saudable a 15.651 alumnos e alumnas de 6-16 anos que inclúen datos de IMC, perímetros de cintura e cadeira.
A tenor do convenio asinado hoxe acádase a integración dun traballo común entre profesores e pediatras a través de DAFIS. Os centros educativos participantes no programa valorarán e recollerán os datos de condición física saudable dos seus alumnos e alumnas na plataforma DAFIS. Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) poderá acceder a esta plataforma para contribuír ás valoracións efectuadas. Deste xeito, o persoal facultativo e de enfermería poderá emitir informes de recomendacións individuais que estarán accesibles na ferramenta interactiva e-saúde e que poderán ser achegados ao profesorado dos centros de ensino telematicamente.
O acto de sinatura rematou coa realización dalgunhas probas DAFIS no pavillón polideportivo do centro a algúns dos 150 nenos e nenas asistentes.
Máis e mellor actividade física nos colexios
A presentación e sinatura do convenio celebrouse no CPI Doutor López Suárez por ser un centro pioneiro tanto na plataforma DAFIS como na cesión dos datos ao Servizo Galego de Saúde. Desde a súa adhesión ao programa, o centro acadou o retroceso dun punto porcentual na taxa de obesidade infantil.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, explicou que este Proxecto de Vida Activa e Deportiva forma parte dos Plans Proxecta liderados polo seu departamento en coordinación e colaboración cos demais departamentos do Goberno galego nunha aposta por fomentar a innovación educativa nos centros escolares a través de iniciativas que desenvolven “non só competencias clave, senón tamén elementos transversais como a educación en valores”. A través deste Proxecto de Vida Activa e Deportiva, o centro educativo exerce de polo dinamizador e promotor de hábitos de vida saudable. Carmen Pomar subliñou a importancia de que os rapaces incorporen nas súas rutinas diarias o exercicio físico como hábito de vida saudable. “O obxectivo final é loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez, implicando no proceso a toda a familia”, dixo a conselleira, que aproveitou para agradecer a colaboración dos docentes e a implicación das familias nestas tarefas.
Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remarcou a aposta do seu departamento pola promoción dos hábitos de vida saudable e os beneficios do deporte para combater o sobrepeso e a obesidade infantil. Tal e como sinalou Almuiña, no Sergas non queremos quedarnos so coa promoción da vida activa para o neno san, senón que queremos atender á diversidade e establecer pautas e recomendacións seguras para aqueles nenos que xa están a sufrir unha patoloxía crónica de base pero que, cunha recomendación individualizada, poden beneficiarse tamén da actividade física, -referiu o conselleiro-.
O secretario xeral para o Deporte felicitou á directora do centro, Asunción López, ao coordinador do proxecto, Felipe Barata e á pediatra de Friol, Yolanda Romero por este “fito sen precedentes no medio dun contexto de incremento dos datos de obesidade infantil que intentamos mudar con accións como a sinatura deste convenio”. Lete Lasa definiu o traballo coordinado entre educación, sanidade e deporte como a suma dos “tres vértices dun triángulo equilátero que medra para redundar na melloría da saúde de toda a nosa poboación”. Neste sentido subliñou a importancia de “concienciar, sensibilizar e actuar na procura de máis e mellor actividade física nos colexios”. “O noso obxectivo e chegar a todos os nenos e nenas de Galicia, mellorar os datos de obesidade infantil e estender este efecto positivo ás súas etapas futuras así como a toda a poboación”, dixo.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



