Burela, a 27 de marzo de 2020. O Grupo Municipal Popular burelés, a través do seu portavoz, Manuel Rouco, segue a demandar do alcalde e do goberno local a adopción de medidas para axudar ao tecido económico e social burelés. Rouco reiterou as peticións do PP na última reunión do comité de seguimento da crise do Covid-19 formada no Concello burelés.
Manuel Rouco asegura que “o PP apoia as iniciativas, dentro da legalidade e da normativa vixentes, que emprenda o goberno local para tentar paliar os efectos desta crise sanitaria, nos ámbitos de saúde pública, de apoio social aos máis desprotexidos, e de adopción de medidas económicas para tentar axudar aos autónomos e Pemes afectados, que xa son uns cuantos”.
Así, destaca o portavoz do PP que “o alcalde e o goberno local poden contar con nós, e para iso facemos propostas. Vemos ben que o concello escoitase a nosa petición, formulada hai xa máis de dez días, de desinfección de zonas críticas da nosa vila, e se se fai en todas as rúas, mellor. Tamén apoiamos a axuda aos dependentes, algo que tamén demandamos a principios da semana pasada. Agora ben, que non nos pidan que asistamos ás reunións do comité de seguimento para limitarnos a escoitar e ver como pasa o tempo”.
O portavoz popular manifesta que “a única demanda de carácter económico que vai aplicar o alcalde, tal e como nos transmitiu na última reunión, é a de non cobrar polas terrazas dos locais de hostalaría. Pero a relativa a que os autónomos e PEMES non abonen a parte proporcional do IBI dos seus locais mentres estean pechados ou con ERTEs non a contempla, e en todo caso fala de aplicala en 2021, o que nos parece absurdo, dado que algúns, por desgraza, pode que non volvan a abrir. O mesmo lle sucede á medida presentada polo Grupo Popular relativa á recollida do lixo e subministro de auga e botamos en falta algunha outra medida, coma o de non cobrar polos vados de acceso a negocios.” Todo elo en consonancia co que xa se empeza a solicitar dende outras asociacións da vila burelá, tal e como se puido ver estes días nos medios de comunicación.
“A día de hoxe”, afirma Rouco, “o Concello non ten ningunha relación realista de negocios e traballadores afectados, o que non nos parece de recibo, xa que isto debería ser o primeiro paso para programar axudas dende a entidade local”.
Manuel Rouco considera que “aprazar o incremento do Fondo de Continxencia para axudas de emerxencia social, como pensa facer Llan o, non ten ningunha lóxica. Nós demandamos xa a semana pasada que este fondo se incremente xa, dado que agora só ten unha dotación de 17.500 euros”, afirma.
Ningunha vontade
Rouco salienta, ademais, que non percibe no alcalde e no seu equipo de goberno ningunha vontade de dar pasos para mobilizar a economía municipal. “O alcalde, na reunión do pasado mércores, mesmo insinuou que a adopción de medidas económicas de apoio poñen en risco os recursos do concello. Mentres, vemos como outros Concellos si toman medidas de apoio económico. Xa veremos que pasa se a economía local tarda en reactivarse”.
Finalmente, no Grupo Municipal Popular (GMP) están sumamente confusos coa actitude incoherente que manteñen tanto o alcalde Llano como o seu tenente de alcalde, Fernández Rey. “Por un lado critican, xa en dúas ocasións, a idoneidade das medidas presentadas polo GMP, e por outro lado, saen anunciando nos medios de comunicación esas mesmas medidas que previamente criticaron no comité de seguimento”, sentencia Rouco.
A Xunta, única administración que deu material a Burela no que vai de crise
Por outra banda, dende o PP de Burela agradecen a implicación que está a ter a Xunta de Galicia na xestión desta crise, particularmente en Burela. De momento, foi a única administración que fixo entrega de EPIs, fundamentalmente, guantes, mascarillas e traxes, ao Concello de Burela. O resto de material recibido nas dependencias municipais trátase de doazóns de carácter privado.
En total, a entidade local recibiu do Goberno de Galicia nun primeiro envío 518 unidades de luvas, 92 mascarillas e 80 traxes de protección.











No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



