Abadín, 1 de deembro de 2020. A Agrupación Socialista de Abadín lamentou hoxe “a pouca sensibilidade e a falla de apoio e de compromiso do Goberno do PP de Abadin cos autónomos e aos empresarios da vila”. Lembran que defenderon unha moción, no último pleno, na que instaban ao Concello a implementar medidas para paliar a crise do COVID, destinadas ao tecido económico da vila. Para a financiación destas axudas reclamamos que se tiveran en conta as partidas adicadas a festas, comidas, banquetes, ou degustacións populares que non se celebraron por motivo da pandemia. A proposta foi rexeitada polo PP.
Concretamente solicitaron a través dunha moción “unha convocatoria de axudas para impulsar a actividade económica no concello dirixido aos sectores máis perxudicados por os efectos do COVID-19. E tamén que os cargos políticos do concello, con dedicación total ou parcial, destinen un 30% do seu soldo dun mes para sufragar estas liñas de axudas”.
O Voceiro Socialista, Pablo Díaz López advirte ademais que o propio rexedor anunciou que habería axudas. “Pero unha vez máis comprobamos como Rancaño só deu un titular bonito, porque á hora da verdade vemos como da palabra ao feito, non hai absolutamente nada de nada. Non entendemos que despois de 9 meses dende a declaración do estado de alarma, non houbera ningún tipo de axuda para paliar os efectos do coronavirus”, criticou.
“Si o Goberno do PP de Abadín non é capaz de xestionar os recursos económicos en favor dos nosos autónomos, dos nosos empresarios do pequeno comercio local ou dos nosos gandeiros. A quen pensa axudar o concello cos nosos recursos públicos?, porque aos veciños non, como puidemos comprobar na sesión plenaria. A que esperan para actuar?”, dixo.
Desbroce de camiños
Ademais sinala que nesta mesma sesión tamén defenderon unha proposta para “realizar o desbroce de camiños, pistas así como o seu mantemento”. Sobre esta iniciativa o Goberno de Rancaño, “sorprendentemente repostou que non existe ningunha queixa veciñal, e que se está a facer un correcto mantemento e desbroce dos camiños con medios propios e externos”. “Polo tanto a maleza e as herbas seguiran medrando polos nosos camiños e polas nosas parroquias, mentres o Goberno Municipal segue mirando cara outro lado”, resumiu.











No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



