O 28-D entrou en vigor o Decreto-Lei estatal de medidas contra a inflación, Que introduciu unha extrema flexibilización dos trámites de avaliación ambiental e autorización administrativa de toda caste de instalacións de produción eólica de competencia da Administración do Estado (as de máis de 50 MW). Dende esa data e até a fin de 2024 esta caste de proxectos non precisarán da obrigada avaliación ambiental, agás se ubiquen no mar, na Rede Natura 2000 ou noutros espazos naturais protexidos ou consistan na construción de liñas aéreas cunha voltaxe de máis de 220kV e máis de 15 km de lonxitude. Nestes supostos, se a Consellaría de Medio Ambiente non informa da existencia de afección ambiental do proxecto que se lle remita a estudo, considerarase que esa afección non existe e, xa que logo, o Ministerio competente poderá autorizalo.
Xúntase esta reforma ás desenvolvidas nos últimos anos pola Xunta de Galicia a respecto das instalacións eólicas da súa competencia (as de menos de 50 MW), seguindo o ronsel dunha Unión Europea que percura maximizar a autosuficiencia enerxética europea multiplicando a produción eléctrica a medio de fontes renovábeis. Mais o que é lóxico e razonábel no contexto europeo require dunha emenda á totalidade no caso galego.
Porque exportamos máis do 35% da enerxía que producimos sen beneficio ningún para os nosos consumidores e empresas, que pagan igual ca os da rexión de Madrid, , que nin te nin agarda pór ningunha instalación eólica. Ademáis, das resultas da reforma da lexislación eléctrica de Rajoy no 2013, os promotores eólicos non están obrigados a investir na contorna local do parque, mentres se lles facilita a expropiación dos terreos precisos para a súa instalación. Para máis, os parques eólicos constitúen instalacións que requiren dun uso intensivo do territorio pouco compatíbel coas actividades agrograndeiras, turísticas e outras actividades económicas e mesmo coa propia habitabilidade rural. É dicir, non són non xeran emprego, senón que o dificultan. Na lóxica dun sistema de produción eléctrica baseado no transporte masivo aos grandes territorios consumidores (como Madrid), no canto do fomento do autoconsumo, a fixación da poboación no rural ou a diversificación das súas fontes de ingreso baten contra o criterio dun esquqema de produción hexemonizado polas multinacionais e grandes distribuidoras eléctricas españolas, logo da liquidación por Feijóo da alternativa eólica decidida polo BNG no 2007, que esixía das promotoras compensacións a xeito de plans industriais e investimentos e remuneracións a prol das comunidades locais.
A lóxica que partillan dereita e esquerda españolas nesta cuestión é colonial. Velaí que o problema desta enxurrada eólica esixa unha resposta política de País que só o soberanismo galego pode propor á nosa sociedade.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



