A experiencia e compromiso do actual equipo de goberno avala a candidatura, que suma nos primeiros postos a Vicente Castro
Ribadeo, 23 de abril de 2023. O BNG de Ribadeo presentou esta tarde a candidatura para as eleccións do 28 de maio, liderada por Pablo Vizoso Galdo.
Un equipo de vintetrés persoas para renovar o goberno municipal e dar continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos.
Seis novas incorporacións, mulleres con diferentes perfís profesionais, reforzan un grupo que suma a experiencia de xestión acumulada polos diferentes gobernos do BNG en Ribadeo.
Concelleiras e concelleiros deste mandato repiten nos postos de saída da candidatura, aos que volve Vicente Castro Reigosa, que fora concelleiro de Economía e Facenda.
“Presentámonos con toda a ilusión, con proxectos sólidos e coa confianza que nos dá o bo traballo feito ata agora”, dixo Pablo Vizoso Galdo, que reivindicou a bagaxe dos vinte anos dedicados ao concello de Fernando Suárez Barcia.
O candidato do BNG indicou que “nos últimos catro anos Ribadeo experimentou un cambio positivo, mais sabemos que aínda queda moito traballo por facer. Cremos en Ribadeo, nas súas posibilidades e na súa xente, porque para nós o mais importante son as persoas, a igualdade de oportunidades e a mellora da súa calidade de vida”.
“Á experiencia acumulada ao longo destes anos sumamos a determinación das novas incorporacións, o noso compromiso no goberno e na xestión das institucións, e a nosa capacidade de xerar novos proxectos”, explicou durante o acto, no Parador de Turismo de Ribadeo.
E engadiu: “presentámonos como un equipo serio, fiable, solvente e responsable. Seguimos crendo firmemente no respecto polos cidadáns, no traballo conxunto na defensa dos intereses de Ribadeo e no diálogo permanente coa sociedade”.
1.PABLO VIZOSO GALDO. Corredor de Seguros. Na actualidade, concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo.
2.MÓNICA FREIRE RANCAÑO. Enxeñeira agrónoma, funcionaria da Consellería de Medio Rural. Na actualidade, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Obras e deputada provincial de Medio Rural, Mar e Mocidade
3.VICENTE CASTRO REIGOSA. Traballador do sector bancario. Foi concelleiro en anteriores mandatos do BNG.
4.JORGE DÍAZ FREIJE. Sector do comercio. Na actualidade, concelleiro de Deportes e Medio Ambiente.
5.PILAR OTERO CABARCOS. Profesora de Lingua e Literatura. Na actualidade, concelleira de Cultura e Consumo.
6.MARCOS ANTONIO VILLAMIL MARTÍNEZ. Bombeiro. Presidente da asociación apícola Os Abelleiros. Presidente da asociación de produtores de madeira de Ribadeo Promarriba. Na actualidade, concelleiro de Medio Rural.
7. MARTÍN GRAÑA PÉREZ Graduado en Historia. Estudante de Dereito. Secretario da comunidade de montes de Piñeira “Os Chaos”. Persoa moi activa no ámbito da mocidade
8.RAQUEL FERREIRA ÁLVAREZ. Enfermeira no Hospital Público da Mariña. Nova na candidatura.
9.LUCÍA BALEA VAZQUEZ. Enfermeira no Hospital Público da Mariña. Membro do Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte. Nova na candidatura.
10.PEDRO FERNÁNDEZ VILLAMIL. Axente forestal. Repite na candidatura.
11.PATRICIA DÍAZ LÓPEZ. Hostalaría. Ocio e coidado infantil. Nova na candidatura.
12.VANESA YANES RIVAS Clínica de odontoloxía. Foi concelleira en anteriores mandatos do BNG.
13.XOSÉ FARRUCO GRAÑA RAMA. Profesor de Filosofía. Foi concelleiro en anteriores mandatos do BNG.
Suplentes
S1.MARÍA NOVO FERNANDEZ. Empresaria. Ocio e coidado infantil. Nova na candidatura.
S2.DAVID RIVAS PEÑA. Deseñador gráfico. Na actualidade, concelleiro de Ensino e Mocidade.
S3.EVA IGLESIAS LÓPEZ. Estudante de Psicoloxía. Especialidade de Recursos Humanos e Psicoloxía Social. Nova na candidatura
S4.XOAN ANTÓN MONASTERIO LÓPEZ. Xubilado. Foi funcionario municipal. Integrante da asociación de sendeirismo Pena Tallada
S5.OLIVIA REY SOTO. Empregada nunha cadea de alimentación. Nova na candidatura.
S6.JOSÉ ROCHA FERNANDEZ. Funcionario provincial de Costas. Repite na candidatura.
S7.MARÍA ÁNGELES FUENTE VERDEAL. Traballadora do sector servizos. Repite na candidatura.
S8.ÓSCAR CHAO PENABAD Profesor de Bioloxía. Repite na candidatura.
S9.MARÍA DA PAZ ERMIDA IGREXAS. Xerente de superficie comercial. Foi concelleira en anteriores mandatos do BNG.
S10.FERNANDO SUÁREZ BARCIA. Funcionario. Alcalde.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



