O deputado do PSdeG no Parlamento galego e coordinador do partido na Mariña, José Ramón Val Alonso, a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e o tamén deputado provincial e voceiro socialista no Concello de Burela, Alfredo Llano, cualificaron este xoves de “burla” ós mariñanos que os Orzamentos da Xunta para 2014 manteñan paralizadas as grandes obras da comarca, como a construción da VAP Costa Norte, a ampliación do hospital ou o acceso ó porto de Burela, e incumpran “descaradamente” promesas que anunciou o Goberno galego “a bombo e platillo hai pouco máis dun mes”, como unha nova gardería en Burela e unha achega de 500.000 euros para comezar a residencia da terceira idade de Foz.
Para os socialistas, os presupostos autonómicos confirman que a dereita de Feijóo “non ten proxecto político para esta comarca, mantena totalmente abandonada, incumpre reiteradamente os seus compromisos sobre a execución de obras e servizos, polo que xa non ten ningunha credibilidade, e non fixa datas para as grandes infraestruturas previstas dende hai anos, fundamentais para o desenvolvemento deste territorio e moi demandadas polos veciños”. “A Mariña, e a provincia, non merecen este trato da Xunta”, subliñaron.
Os socialistas consideran deste xeito “especialmente graves e insultantes” as declaracións de Balseiro e Martínez-Sierra nas que aseguraron que os orzamentos da Xunta “farán posible un novo impulso ás grandes infraestruturas da Mariña”. Os datos “falan claro” e demostran a “falsidade” desas afirmacións, aseguran.
VAP: A este ritmo inversor, non se rematará ata 2028
Os investimentos para esta infraestrutura que é fundamental para a vertebración e o futuro da Mariña “caeron drasticamente”, explicou Val: “No ano 2013 elimináronse 23 millóns de euros, e para o 2014 volven a baixar o investimento outros 9 millóns, é dicir, un total de 32 millóns de euros recortados, e, por riba, sen data de finalización”.
Pero a situación “aínda é máis grave”, engadiu, porque, dos 7,1 millóns de euros previstos para este ano 2013 “non se fixo nada, e para 2014, no que tiñan previsto investir 9,3 millóns, prevese unha cantidade ridícula de 790.000 euros para os tramos da provincia de Lugo”. “Como poden dicirnos que lle dan un impulso a esta obra, con 790.000 euros? A este ritmo inversor, non estará rematada ata dentro de 15 anos, en 2028”, di o deputado autonómico.
Ampliación do Hospital da Costa: ningún avance
No Orzamento da Xunta non figura ningunha partida específica para ampliación ou melloras do Hospital da Costa, “polo que o señor Balseiro apresurouse a tratar de xustificar esta escandalosa ausencia de fondos dicindo que se reservaron 190.000 euros, que por erro se imputaron ó centro de saúde de Burela”, sinalou o PSdeG.
Máis aló “deste curioso erro”, engadiron, a cantidade “segue sendo minúscula, e fai imposible unha execución real das obras, nin sequera o inicio, sobre todo cando non sabemos cales son as previsións para os vindeiros anos, se é que as hai… Ou é que queren destinar eses 190.000 euros ó plan director?: xa hai 5 enriba da mesa; non é que o digamos nós, é que o din os profesionais sanitarios. Non vale ningún deses 5? Non é crible…”
Val lembrou que Feijóo prometeu ata 5 veces a ampliación do hospital mariñano dende que é presidente da Xunta e, “visto ó paso que vai, prometeraa outras 5, sen que se produza ningún avance real”.
Acceso ó porto de Burela: nada novo
“Son incontables as veces que a Xunta de Feijóo anunciou esta obra dende o 2009”, sinalou o deputado do PSdeG no Parlamento, pero ”a realidade é que, pasados 4 anos dende que goberna, non fixo nada, e as cousas parece que seguirán practicamente igual no 2014, pois, dos 2 millóns que tiña previsto investir, finalmente destínalle 859.000 euros, unha cantidade irrisoria que fai imposible a execución do proxecto, case non da nin para empezar”.
A residencia da terceira idade de Foz e a gardería de Burela: promesas esvaecidas
Para os socialistas, “é curioso comprobar o pronto que se lle esquecen á Xunta de Feijóo as súas promesas”, pois hai pouco máis dun mes que a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, “veu á Mariña para anunciar a bombo e platillo unha nova gardería para Burela e un investimento de 500.000 euros para comezar a residencia da terceira idade de Foz”.
Nese momento, o PSdeG “xa advertiu de que eran castelos no aire, porque para a gardería de Burela non había prazos, terreos, nin orzamentos, e no caso da residencia de Foz, os 500.000 euros comprometidos chegarían escasamente para o movemento de terras”. Pero, “non só tiñamos razón, senón que a consellería superouse a si mesma: a gardería, xa nin aparece nos Orzamentos de 2014, e para a residencia reservan 50.000 euros, é dicir, un 10% do que comprometeu Mato, que xa de por si era unha cantidade insuficiente”, explicou Val, engadindo que a “achega para a residencia de maiores de Ribadeo tamén desaparece”.
Deste xeito, apuntou, “a señora Mato e o PP mariñano, igual que venderon estas obras, agora deberían dar a cara e explicarlles ós veciños por que incumpren descaradamente a súa promesa e non as fan”.
Ningún proxecto novo
Xunto a toda esta serie de retrasos e incumprimentos, os socialistas tamén criticaron que o Orzamento non inclúe ningún proxecto novo; non hai partidas para mellorar as infraestucturas portuarias: nin as de carácter pesqueiro, nin as de náutica de recreo; non se prevén fondos para mellorar as instalacións educativas en practicamente ningun concello da Mariña; e non se contempla ningún programa encamiñado a potenciar os sectores productivos da comarca: forestal, gandeiro, pesqueiro, turismo…”
“O PP, unha sucursal de Feijóo”
Ante todas estas realidades, indicaron, “que son as que son, por máis que a Xunta as queira vestir e maquillar, parécenos insultante e unha total falta de respecto hacia os mariñanos que o Partido Popular desta comarca, co señor Balseiro e o señor Vidal Martínez-Sierra á cabeza, teñan a valentía de dicirlles ós veciños que os Orzamentos da Xunta para 2014 farán posible un novo impulso ás grandes infraestruturas da Mariña”.
Polo tanto, os socialistas fanlle “un chamamento a Balseiro e a todo o PP da Mariña para que deixen de ser unha sucursal de Feijóo, que deixen de pregarse sen rechistar a todos os seus intereses e decisións, por máis que prexudiquen ós mariñanos, e se poñan a traballar polo desenvolvemento real desta comarca e por aproveitar o seu extraordinario potencial”. Polo que respecta ó PSdeG, presentará no Parlamento, tal e como avanzou José Ramón Val, emendas ós Orzamentos “para conseguir polo menos o dobre de investimento para A Mariña do que está contemplado”.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



