O Burela Pescados Rubén comeza a súa liga. Logo do seu paso pola senda dos campións de Liga; Inter MoviStar e de Europa; FC Barcelona, con dúas derrotas pero con boas sensacións e cunha imaxe de equipo comprometido e solidario, os mariñaos buscan a súa primeira vitoria da tempada na terceira xornada da Primeira División co seu enfrontamento ante o Levante UD DM que chega a este encontro tras lograr a vitoria ante o Azkar Lugo (1-4). O encontro entre galegos e valencianos dispútase o venres día 26, a partir das 20.30 horas, no pavillón municipal de El Cabanyal.
O Levante malia ser un equipo recentemente ascendido conta cun persoal “moi experimentado, mantén a dinámica da tempada anterior xa que a súa estrutura é a mesma con refuerzos que apuntalan o seu proxecto” comentou Juanlu Alonso que considera que “gañar no Cabanyal nunca é sinxelo, basearon o ascenso a Primeira na súa fortaleza como locais e querrán manter este selo no seu feudo”. Respecto de o seu equipo o adestrador burelés indicou que a súa maior preocupación “está na faceta ofensiva xa que para este partido non podemos contar Chano, lesionado, e Matamoros, pola sanción. Isto obríganos a modificar a nosa idea de xogo xa que son as dúas referencias ofensivas do equipo e que coincida a súa ausencia lógicamente é un hándicap”. Por este motivo, o conxunto mariñano afrontará o duelo con “outras variantes pero coa mesma ilusión e co ánimo de competir para conseguir a vitoria e transformar as boas sensacións ante Inter e Barça en puntos. Será un partido moi competido e debemos estar moi concentrados e non conceder ningún tipo de vantaxe ao Levante”.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
