É certo que nos estamos materializando, pero non soamente nesta datas de Nadal senón todo o ano. O diñeiro e as posesións materiais gañaron terreo a toda outra forma de ambición, de vida ou de pensamento. Poderoso cabaleiro que dá e quita todo o que a nosa civilización aprecia e valora. Pero a mensaxe volve ser mesmo, é parece que será sempre o mesmo ou talvez aínda empeorado: nenos con fame, explotados física e sexualmente, débedas exteriores atosigantes, gobernantes corruptos que dan un paso por encima dos cadáveres infantís abandonados na rúas das cidades e os campos, medicamentos de salvación inalcanzables polo seu prezo abusivo e exorbitado. Mafias, patentes, multinacionais, globalización desequilibrada, a balanza do mundo ten o fiel atrofiado, o diñeiro procura o benestar pero o saco do avaro nunca se enche e o que debe estar nun lugar e cun destino está malgastado ou acumulado en mans de insaciables que non miran ao seu lado.
Os Nadais son e sempre foron sobre todo para os nenos, e acordámonos deles con tenrura, e os documentales ocúpanse de poñernos diante dos ollos pícaros das rúas, pícaros mineros, pícaras canxeadas por lavadoras automáticas en lugares onde non hai nin tan sequera electricidade para enchufalas, nenos abandonados, maltratados, pícaros soldados, nenos e nenas en talleres de manualidades a razón de once horas diarias, nenos intoxicados polo tinte dos telares das alfombras que confeccionan, nenos utilizados en todas as formas posibles e inimaxinables de explotación humana, nenos con ilusións e candidez de nenos que sempre veñen ben para ser utilizados como escudos humanos. Xa sei que con o que digo fodolles o que queda de Nadal…
Ata o Antroido…que cae em martes 13 de febrero….e fara frio e chovera pero habera mariñans que vestirán roupas curtas e pernas o aire pensdando que están en Rio de Xaneiro donde Pelotas e un estado que hai no Brasil…e donde meu tio que e brasileiro baila en pelotas no mes de abril….. e o que di a canción que fala da carne sin oso e que sabe ben……
Otero Regal






Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



