O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este sábado, xunto con outras autoridades, á homenaxe en Mondoñedo polo pasamento do escritor Álvaro Cunqueiro. Neste acto o Director da Real Academia Española, Darío Villanueva recibiu o premio “Cunquenriano Emeritus”. Trala homenaxe realizouse unha lectura pública da obra “Escola de Menciñeiros”, na que participaron todos os asistentes a dito acto.
