05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE denuncia que a Xunta pretende reducir o Hospital de Burela a un simple ambulatorio

24-06-10

NOTA DE PRENSA:
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE FEIJÓO PRETENDE REDUCIR O HOSPITAL DE BURELA A UN SIMPLE AMBULATORIO

DENDE A COORDINADORA COMARCAL DO PSDEG-PSOE NA MARIÑA INSTAN Á POBOACIÓN A ACUDIR Á MOBILIZACIÓN CONVOCADA PARA O VINDEIRO DÍA 26 DE XUÑO. DIN QUE “MOI POR ENRIBA DAS CREENZAS POLÍTICAS DE CADA UN, HAI QUE RECLAMAR A PERMANENCIA DA XERENCIA NA COSTA, EVITANDO ASÍ UNHA CENTRALIZACIÓN EN LUGO E UNHA POSTERIOR TENDENCIA Á PRIVATIZACIÓN”.

A MARIÑA, 24 DE XUÑO. Dende a Coordinadora comarcal do PSdeG-PSOE mariñán instan a todos os cidadáns da Costa lucense a apoiar coa súa presenza a mobilización convocada pola Plataforma pola defensa da Sanidade pública da Mariña para o vindeiro día 26 de xuño.

Os socialistas critican que nin Feijóo, nin o Partido Popular teñen credibilidade. “En contra do compromiso acadado pola Xunta de Galicia para a realización de autopsias, no hospital de Burela, en horario vespertino, na actualidade tan só se están levando a cabo en horario de 8 a 15hrs. Do mesmo xeito, pese as declaracións feitas dende o goberno autonómico de que as obras para a rampla de acceso ao hospital de Burela, para persoas con mobilidade reducida, e a reparación da cuberta das instalacións, que filtra auga, xa estaban aprobadas, presupostadas e a piques de comezar, aínda estamos agardando por elas. Outra mentira. Nin Feijóo, nin o Partido Popular teñen palabra. Unhas obras que eran urxentes e que foron promesa ao inicio da lexislatura, un ano despois están como estaban”, denuncian.

Por outra banda, con respecto á manifestación deste sábado, dende a Coordinadora comarcal socialista da Mariña aseguran “que os cidadáns deben reclamar o seu dereito a unha sanidade pública. Un reclamo que vai moito máis aló das ideoloxías políticas particulares. O que pretende facer a Xunta é un atropelo. Non só non van ampliar as instalacións do hospital de Burela, senón que trasladarán a súa xerencia á Lugo, centralizando a atención médica pública na capital luguesa e, máis adiante, derivando deste xeito as consultas á sanidade privada, pola saturación que vai haber. O goberno que prometeu mirar por todos os galegos e as galegas deixará esta infraestrutura como un simple ambulatorio”, indican.

Por estes motivos, dende o PSdeG-PSOE mariñán animan á poboación a acudir ao reclamo polos dereitos desta comarca. “A xerencia debería permanecer aquí. O hospital debería ampliarse e Feijóo deberá cumprir aquelas promesas feitas hai un ano”, insisten.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive