NOTA DE PRENSA
Este colectivo comprometeuse a suspender o acto de protesta se recibía compromisos escritos de Sanidade a este respecto
O PP EMPRAZA Á PLATAFORMA A DESCONVOCAR A MANIFESTACIÓN TRAS REMITIRLLE UNHA RESPOSTA OFICIAL ESCRITA DA XUNTA QUE GARANTE A AUTONOMÍA, INDEPENDENCIA E PLENAS COMPETENCIAS DO XERENTE DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA
* A Xunta afirma por escrito que o xerente da área da Mariña (Burela) correspóndelle a xestión dos recursos sanitarios, orzamentarios e materiais así como das prestacións e programas do Hospital da Costa e dos centros de saúde da comarca.
* O PP pide una proba de boa fe deste colectivo que si de verdade está preocupado pola mellora da sanidade na comarca saberá enxuizar acertadamente estes compromisos e actuar de xeito construtivo non a base de protestas e mobilizacións.
A Mariña, 24 de xuño de 2010.- O Partido Popular da Mariña empraza á plataforma sanitaria a desconvocar a manifestación prevista para este sábado tras remitirlle unha resposta oficial escrita da Xunta de Galicia pola que se garante a autonomía, independencia e plenas competencias da xerencia da área sanitaria da Mariña. Na resposta do Goberno, a unha pregunta do deputado popular Jose Manuel Balseiro, o departamento que dirixe Pilar Farjas aclara que ao xerente da área sanitaria da Mariña (Burela) “correspóndelle a xestión dos recursos sanitarios, dos recursos orzamentarios e materiais, así como das prestacións e programas do Hospital da Costa e dos centros de saúde da súa área”.
Deste xeito se está a poñer fin ás especulacións e aos argumentos que se manexaron desde a plataforma sobre unha posible xestión da sanidade comarcal desde a cidade de Lugo. Sanidade confirma a plena capacidade de decisión do xerente da área sanitaria –coñecida tecnicamente como Burela- que terá baixo a súa responsabilidade non só a xestión dos servizos sanitarios da Mariña senón tamén do orzamento e do persoal.
Ao mesmo tempo o Goberno galego lembra na súa resposta que ten un compromiso claro “polo mantemento e potenciación da carteira de servizos e especialidades do Hospital da Costa”, negando polo tanto a idea de que puideran perderse algunhas consultas. Todo o contrario, os populares insisten en que se crearán novos servizos, sen necesidade de efectuar traslados a outros centros.
MOSTRA DE BOA FE: POSICIÓN CONSTRUTIVA
O Partido Popular espera a boa disposición da Plataforma sanitaria para desconvocar a manifestación tal e como ten comprometido este colectivo, que amosouse publicamente disposto a facelo de recibir garantías escritas da autonomía e fortalecemento dos servizos sanitarios. A resposta do Goberno vén a establecer totais garantias, por escrito, destas peticións e polo tanto deberan servir polo menos para que se evitase a realización deste tipo de protestas. Os populares piden unha proba de boa fe a este colectivo que, si de verdade está interesado pola mellora da sanidade comarcal saberá enxuizar acertadamente estes compromisos e, polo tanto, malia que manteñan as súas reivindicacións, facelo desde un punto de vista construtivo e non a través de mobilizacións e pancartas.
COPIA LITERAL DA RESPOSTA OFICIAL DA XUNTA AO DEPUTADO BALSEIRO
“Ao xerente da área sanitaria da Mariña correspóndelle a xestión dos recursos sanitarios, dos recursos orzamentarios e materiais, así como das prestacións e programas do Hospital da Costa e dos centros de saúde da súa área.
O Goberno galego e a Consellería de Sanidade teñen un compromiso claro polo mantemento e potenciación da carteira de servizos e especialidades do Hospital da Costa
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Ofocial do Parlamento de Galicia, de acordo co previso no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2010”
Asina o director xeral de Relacións Parlamantarias




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



