06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Burela instalará dous mini puntos limpos na vía pública

15-02-11

Nota de prensa

O CONCELLO IMPLANTARÁ DOUS MINI PUNTOS LIMPOS NA VÍA PÚBLICA PARA A RECOLLIDA DE BOMBILLAS DE BAIXO CONSUMO, CD/DVD, PILAS OU TELÉFONOS MÓVILES.

Burela, 15 de febreiro de 2011. O Concello de Burela pide unha subvención de preto de 7.000 euros á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para a implantación de dous mini puntos limpos na vía pública.

Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech, “trátase dun sistema de reciclaxe complementario ao punto limpo municipal, mediante a compra e instalación na vía pública de dous mini puntos limpos, dous colectores de residuos sólidos urbáns de pequeno formato, que dispoñen de sete espazos diferenciados e independientes de introducción e almacenaxe de residuos. Este sistema permitirá a súa recollida, ademáis de constar de dous paneis informativos. A información irá enfocada á mellora sobre coñecemento e concienciación dos problemas ambientais, á existencia de punto limpo gratuito no Concello, así como á educación cidadá sobre a necesidade de facer unha correcta reciclaxe dos residuos”.

O concelleiro socialista sinala que “o obxectivo prioritario que se persegue é mellorar substancialmente a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares, de difícil recollida e xestión e espertar a concienciación dos burelaos para a separación en orixe de residuos de índole perigosa, mediante o uso deste servizo que ofrecerá o Concello. A través da nova páxina web que se está a preparar, faranse enquisas periódicas sobre o uso destes colectores, así como unha consulta sobre a evolución e volume das cantidades recollidas, obtendo como resultado a implicación de todos nós na política medio ambiental”.

Cada minipunto disporá de sete bocas diferenciadas, comunicando cada unha delas cun colector interior que asegura que se manteña a separación de cada fracción de residuo. Para minimizar a posibilidade de erro, cada boca conterá a seguinte información: pictograma que simboliza o residuo, utilización de cores diferentes para cada un deles e dimensión da boca adaptada ao volume do residuo. Disporán de depósitos para: bombillas de baixo consumo, bombillas halóxenas, cd/dvd, pilas de todo tipo, cartuchos de impresora, baterías de móviles e teléfonos móviles. Pascual Doménech engade que “cada clase de residuo que se recolla, e mediante vaciado periódico, irá a un xestor autorizado, ou colaborador, como por exemplo a Cruz Vermella no caso dos móviles”.

O Concello de Burela solicita o 100% do financiamento sobre o custo total do proxecto, que sen ive e servizo integral de mantemento, que correrá a cargo das arcas municipais, é dun orzamento de 6.740,00 €.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive