18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Cervo contratou dous licenciados en educación física e dous socorristas para a piscina

10-02-11

Nota de prensa

O CONCELLO CONTRATA A CATRO PERSOAS PARA A PISCINA MUNICIPAL

* Trátase de dous licenciados en Educación Física que continuarán a labor da Unidade de Promoción do Exercicio e 2 socorristas para reforzar a plantilla da instalación deportiva

Cervo, 10 de febreiro de 2010.- Esta semana incorporáronse á piscina municipal de Lieiro catro persoas para reforzar os servizos que ven prestando esta infraestrutura deportiva municipal nos últimos tempos.

Segundo indicou o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, dous dos catro traballadores son licenciados do INEF e o seu cometido será o de continuar a labor iniciada hai tres meses coa Unidade de Promoción do Exercicio (UPE) promovida pola Xunta de Galicia a través do seu programa piloto “Galicia Saudable”. “Queremos continuar con este proxecto, dada a gran aceptación que tivo entre a xente” salientou Fernández.

Ao fío disto avanzou que a intención do Goberno local é poñer en marcha diversos programas de acción á poboación para garantir a mellora da saúde e da calidade de vida dos veciños a través da promoción e fomento da práctica regular de actividades físicas saudables. “Trátase de seguir avanzando no traballo iniciado en novembro pasado para promover e impulsar a práctica da actividade física de xeito regular e saudable evitando o sedentarismo en todos os colectivos e as idades; e prestando especial atención a sectores da poboación coma escolares, persoas da terceira idade, discapacitados, ou persoas con enfermidades susceptibles de prevención e mellora mediante o exercicio” indicou.

Dous socorristas

Ademais destes dous licenciados en Educación Física, o Concello tamén contratou dous socorristas que compatibilizarán o seu traballo na instalación municipal e nos areais do concello. “Nun principio servirannos para reforzar a plantilla actual da piscina e tamén poderemos contar con eles para que desenvolvan as súas labores durante as primeiras datas da tempada de praia, como en Semana Santa, cando recibimos visitantes e a xente comeza a facer uso das praias” sinalou o responsable de Deportes local.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive