Será ás 18 H, para todos os públicos.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña comunica que ante a imposibilidade de acudir á concentración que convoca o movemento #VerínNonSePecha diante do Parlamento de Galicia o vindeiro martes ás 12 horas, para rexeitar o peche dos paridoiros do hospital de Verín desde o pasado 1 de decembro, realizará unha concentración de apoio ao mesmo diante do Hospital da Mariña coincidindo coa data e hora da concentración de Compostela. Animamos e emprazamos a veciñás, veciños, colectivos e profesionais sanitari@s da comarca para que se acheguen ata a entrada principal do hospital da Mariña o martes 17 ás 12 horas.
Puntos de venda: Peluqueria Reme (Burela), Farmacia O Parque (Burela),Farmacia Casariego (Burela),Mercería Paca (Burela),Fundación Eu Son (Burela), Tienda de Rosi (San Cibrao),Estanco Nicanor (San Cosme de Barreiros),Panaderia Lorenzo (Alfoz),Confiteria La Alianza(Mondoñedo), Farmacia Celsa Martínez (Mondoñedo), Cobelinha (Viveiro),Piscina Municipal de Xove, Josbi C.B. (Lourenzá). O prezo do calendario é de cinco euros.
Este venres chega o primeiro gran evento, o Christmas Little Chef: un taller de cociña 100% en inglés. O sábado ás 12:00 horas na librería Bahía, de Foz, representarase a storytime The Elf's inventions; unha obra de teatro para peques na que un dos elfos de Papá Noel tentará axudarlle a salvar o Nadal cos seus inventos. A entrada é libre ata completar aforo. Quen non poida acudir ten máis oportunidades para ver esta obra. O 21 representarase en Figueras ás 12:00 horas. Nesta ocasión terá un carácter benéfico pois se fará en favor da Asociación Galbán (asociación de familias de nenos con cancro de Asturias).
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, almorzo en ruta, comida e seguro de viaxe. Os participantes primeiro visitarán Valença do Minho, onde verán as diferentes actividades de Nadal que hai nesa cidade e comerán. Pola tarde noite estarán en Vigo para percorrer as rúas onde están os principais adornos do seu famoso alumeado de Nadal. O prezo é de 45 euros por persoa. Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
Gañadores: Categoría 3-5 anos: Brais Lorigados. Categoría 6-9 anos: Valeria Iglesias. Categoría 10-12 anos: Cecilia Fernández. Elixida para as felicitacións instucionais do Concello de Cervo: Maeve Díaz. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, ademais de entregar un premio aos/ás gañadores/as do certame, déronlle un agasallo a cada participante.
Vieira ao forno estilo tradicional, empanada de millo con berberechos ou zamburiñas, salpicón de bogavante ou de pescada, pastel de centola con pementos de piquillo, bacallau ao forno, pescada rechea de marisco, canelóns recheos de rabo de tenreira ou de galo celta ou paletilla de lechal ao forno son algunhas das propostas para levar a casa dos días 24 e 31.