05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro, pon en marcha a campaña “#Eu Apoiarei O Comercio Local”

24-03-20

 Viveiro, 24 de marzo, 2020. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro, pon en marcha este dias a través das súas redes sociais a campaña “#Eu Apoiarei O Comercio Local” na que se sortearán 150€.
Consiste en enviar unha foto ou un vídeo no que os clientes aparezan cun cartel que conteña unha frase en apoio ó comercio local, un motivo polo que mercar no comercio local unha vez volva a abrir.
As imaxes poderanse subir directamente ás Redes Sociais que a Asociación ten no facebook.com/Centro-Comercial-Histórico-de-Viveiro, Instagram ou Twitter @viveirocentro. E tamén se poderán enviar por mail a info@viveirocentro.com ou por WhatsApp ó 650506717. O único requisito e que ten que conter o hastag #Euapoiareiocomerciolocal.

Sortearanse 50€ en vales de compra entre as fotos ou vídeos recibidos cada semana.

– 1ª semana.- Do 23 ó 29 de marzo
– 2ª semana.- Do 30 de marzo ó 5 de abril
– 3ª semana.- Do 6 ó 12 de abril

Dende a Asociación tamén se está a facer estes dias un recordatorio da campaña “30 dias 30 motivos para mercar no comercio local”, no que cada día se vai subindo ás redes un post que contén un motivo para mercar e apostar polo comercio local e así manter Viveiro vivo. Animamos á xente a que lle voten unha ollada a estas publicacións nas que poden inspirarse para crear os seus carteis e participar cada semana para gañar ata 150€.

En paralelo, tamén se animou ós propios comerciantes a que eles mesmos envíen as súas fotos/vídeos co hastag #Euquedonacasa e a continuación a frase que queiran animando ós clientes a mercar no comercio local unha vez poidan volver a abrir.

O obxectivo destas iniciativas é concienciar, agora máis que nunca, da importancia que ten o tecido comercial na vila, que como moitos outros, se viron obrigados a pechar os seus negocios e aproxímase unha época de incertidume para todos eles. Son amigos, veciños, autónomos ou pequenos empresarios que loitaban día tras día por manter os seus negocios abertos, nunha época na que se nos van horas e horas en mercar todo vía internet, sen nin sequera preguntar ou comparar co produto que vende o comerciante de debaixo da casa, perdendo o trato persoal e cercano que ofrece o comercio local. Eses comerciantes que compran rifas, publicidade nos carteis ou aportan o que economicamente poden, para colaborar cas festas da contorna, excursións dos colexios, actividades culturais, deportivas, sociais, etc. ¿Non será hora de devolverlles o apoio?

“Cando poida saír á rúa #Eu Apoiarei o Comercio Local, pero mentres #Quedonacasa”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive