14 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Galicia en Común-Anova Mareas derrogará o decretazo de Feijóo do galego no ensino e procurará desde a Xunta un marco lingüístico de consenso

30-06-20

 Compostela, 30 de xuño. Galicia en Común-Anova Mareas comprometeuse este martes a derrogar o decretazo de Feijóo que regula o uso do galego no ensino e a procurar desde o goberno da Xunta un marco lingüístico de consenso a partir do 13 de xullo.

A candidata número dous pola Coruña, Luca Chao, abordou nunha xuntanza coa Mesa pola Normalización, a Confederación de Anpas Galegas, a Central Independente de Funcionarios e a CIG cal ten que ser o novo marco lingüístico no ensino.

“A política lingüística de Feijóo levounos dez anos atrás. É o momento de avanzar e tomar impulso para que en Galicia poidamos ter vidas plenas no noso idioma, para que a mocidade entenda que o galego é útil”, declarou.

“Despois de anos de padecer as consecuencias do decretazo de Feijóo, que fixo da escola un axente desgaleguizador, é o momento de reverter esta situación”, aseverou Chao. O novo marco lingüístico debe procurar o consenso “a partir da comunidade educativa para que na escola se garanta o uso, a aprendizaxe e todas as habilidades lingüísticas posibles no noso idioma”, engadiu.

“Non podemos permitir a situación de que un de cada catro mozas e mozos non sexa quen de usar o galego, e a escola debe actuar”, concluíu Luca Chao.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive