SANTIAGO .- ADEGA considera que non se debe autorizar ningún parque eólico máis mentres non se aprobe un novo plano sectorial, pois entende que adxudicar máis megavatios co plano aprobado polo PP e vixente na actualidade, compromete o desenvolvementos sustentábel do sector.
NOTA DE PRENSA :
ADEGA ESIXE Á XUNTA que non autorice ningún parque eólico mentres non se aprobe un novo plano sectorial
Adxudicar os MW co plano do PP vixente compromete o desenvolvemento sustentábel do sector
26 de decembro de 2008. Dende ADEGA queremos manifestar o noso rexeitamento á adxudicación dos 2.325 MW do conxurso eólico que pretende facer Industria sen ter antes modificado o desastroso Plano Eólico do PP aínda vixente.
A redacción dun novo Plano Eólico con criterios de sustentabilidade, paricipativo e incardinado nunha política enerxética que prime a suficiencia, a eficiencia, o aforro e a reducción das emisións de GEIs, debería ser previo á concesión das licenzas de explotación. No entanto, optouse por abrir a poxa ás industrias denantes de ter aprobado unha nova planificación sectorial conforme aos anteriores criterios e sen diálogo previo. E unha vez repartidos os MW, as empresas adquiren dereitos que tentarán facer efectivos presentando proxectos nas áreas que fixa o Plano Eólico vixente (ver imaxe apegada), isto é último aprobado durante era Fraga. E se algo caracteriza ao plano do PP é o seu forte impacto ambiental e social derivado dun produtivismo salvaxe e dunha concepción neo-colonialista da xestión dos recursos naturais.
Asemade, adxudicar a potencia eólica agora fará moi complicado que a Xunta poida logo desbotar os proxectos agresivos polo impacto ambiental, territorial, social, patrimonial… No caso da enerxía eólica non se trata de concesións con prazos de reversión (casos das centrais hidroeléctricas) ou con prazos de renovación e caducidade (minas e autovías). Son autorizacións indefinidas xa que, por máis que poida sorprender, o vento non é de dominio público aínda que tampouco é de ninguén (até que alguén se apropia del como acontecía na Idade Media coas terras baldías). Legalmente sinifica que non hai rescate posíbel, nen caducidade, nen vencemento da concesión. Só cabe a revisión da DIA (Declaración de Impacto Ambiental), a indemnización e, para as comunidades de montes, a non renovación do arrendamento. E aínda rexeitando os proxectos con de DIAs negativas, as empresas teñen xa recoñecidos os seus dereitos e poden continuar apresentando proxectos até que sexan aprobados ou topen cunha administración máis proclive.
Estas eivas poderíanse ter evitado se antes de adxudicar a potencia ás empresas se abrise un amplo debate sobre o novo modelo de xestión da enerxía en Galiza, que debería cristalizar nos novos Planos Sectorial Enerxético, Eólico, da Biomasa, entre outros. E para cada un destes planos, nomeadamente o Eólico, ADEGA esixe un proceso previo de consulta e debate cos sectores afectados (comunidades de montes, concellos, sector turístico, empresas, colectivos ecoloxistas e de defensa do patrimonio etc…) para concordar un novo modelo de desenvolvemento eólico para Galiza, verdadeiramente sustentábel, tal como se ten feito noutras comunidades (por exemplo, Navarra).
Por iso, ADEGA considera que a Xunta de Galiza non ten actuado responsábelmente, polo que ESIXIMOS:
Que non se autorice ningún proxecto sen antes ter tramitado axeitadamente e aprobado un novo Plano Eólico, para o que se deberá contar coa participación da sociedade, e non só das administracións, através dunha Mesa Eólica. Medio Ambiente e Cultura deberán garantir que se exclúan do aproveitamento eólico todos aqueles espazos que por razóns ambientais, paisaxísticas, patrimoniais, etc. non deben ser susceptíbeis de albergar parques eólicos. Política Territorial e Medio Rural deberían vetar as ubicacións que poidan ir en contra da ordenación racional do territorio, ben por ser incompatíbeis con outros usos prioritarios, ben por contradicir o disposto nas Directrices de Ordenamento do Territorio ou outra normativa de carácter territorial. Por exemplo, dende Política Territorial deberían limitarse os parques eólicos do litoral (como acontece en Asturias).
Ligazón ás ALEGACIÓNS de ADEGA ao Plano Eólico:
http://www.adega.info/files/Enerxia/Alegacions%20PLANO%20EOLICO.pdf








O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



