NOTA DE PRENSA
As emendas dos populares “suman en vez de restan” a diferenza do que veñen facendo PSOE e BNG desde a Xunta, pois reducen progresivamente os investimentos para obras e servizos concretos na nosa comarca
A MARIÑA LUCENSE PASARÍA A RECIBIR 74 M€ PROCEDENTES DE FONDOS AUTONÓMICOS DE PROSPERAR AS EMENDAS QUE HOXE DEFENDE O PPdeG NO PARLAMENTO DE GALICIA
• Os populares emprazan a Ismael Rego -quen criticou as emendas do PPdeG- a que explique as actuacións que ao seu entender deben deixarse de executar das preto de 150 que o PPdeG propón levar adiante no 2009
A Mariña, 16 de decembro de 2008.- Hoxe comeza a sesión plenaria do Parlamento de Galicia que ten por obxecto o debate e posterior aprobación, se procede, das contas autonómicas para 2009. De aprobarse as propostas de gasto formuladas polo PPdeG, a través das súas emendas, a nosa comarca pasaría de recibir máis de 74 millóns de euros para obras ou servizos con destino concreto nos distintos concellos da Mariña. Deste xeito, multiplicaríase a cifra dos 14,9 millóns de euros que na actualidade a Xunta bipartita prevé achegar en fondos autonómicos para o ano próximo.
O PPdeG SUMA EN VEZ DE RESTA
O deputado popular Balseiro Orol clarexa que o que fan as emendas formuladas polo PPdeG e achegar máis cartos para A Mariña e nunca detraer diñeiro ou paralizar investimentos. “Os populares sumamos en vez de restamos, a diferenza do que veñen facendo desde a Xunta bipartita ano tras ano”
De feito, nas pasadas semanas o PPdeG cifrou en 60 millóns de euros a débeda do Goberno bipartito coa Mariña lucense e, sobre esta base, rexistrou preto de 150 emendas aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia para 2009.
RÉPLICA A REGO
Ao mesmo tempo que realizan estas afirmacións, os populares aproveitan para replicar as críticas recibidas polo deputado socialista Ismael Rego que amosou a súa desconformidade coas emendas do PPdeG.
REGO: CARECE DE COMPROMISO COA MARIÑA
Balseiro sinala a Rego como o exemplo máis evidente dun político que carece de compromiso coa súa comarca e entenden que non está lexitimado para falar sobre as previsións de investimento da Xunta de Galicia no ano próximo pois, a día de hoxe, nin ten explicado cales son as partidas específicas ás que o Goberno galego achegará cartos durante o 2009, nin tampouco tivo a valentía de aceptar o debate público ao que, para abordar esta situación, foi emprazado en diversas ocasións.
QUE É O QUE O PSOE QUERE QUE DEIXEMOS DE PEDIR
Os populares van aínda máis lonxe na defensa das súas emendas e reclaman aos socialistas que identifiquen os gastos que a Xunta non debera executar. “¿Quizás deberamos deixar de reclamar a ampliación do hospital, ou dicir non aos máis de 14 millóns de euros que reclamamos para o corredor?. ¿Quizás os socialistas queren rexeitar os máis de dous millóns de euros que demandamos para levar adiante proxectos de vivendas a prezos accesibles, ou para a posta en marcha das vivendas sociais do barrio dos Muiños en Mondoñedo?. ¿Ou pola contra queren que eliminemos, por exemplo, os tres millóns de euros para a recuperación do barrio do Celeiriño anegado pola cobiza urbanística socialista? Que nos expliquen que é o que non queren facer.”
CATRO ANOS DE XUNTA BIPARTITA “E NON TEÑEN FEITO NADA”
Segundo o deputado popular, Balseiro Orol, que os socialistas rexeiten as emendas formuladas polo PPdeG alegando que “o estado administrativo dalgún destes proxectos está na súa fase inicial” é tanto como recoñecer que durante estes catro anos a Xunta bipartita “non ten feito nada”. Precisamente por iso os populares entenden que chegou o momento do cambio e de rexeitar a política daqueles formacións, como son as do bipartito, que esquecen as prioridades da nosa comarca, que deixaron de crer na Mariña lucense.
MÁIS INVESTIMENTO, MÁIS EMPREGO, MÁIS RIQUEZA
Finalmente desde o PPdeG subliñan que aumentar o investimento da Xunta na Mariñá lucense actuará en senso contrario ao que pretenden facer crer os socialistas, isto é, “dinamizando a nosa economía, contribuíndo deste xeito a xerar novas oportunidades de emprego e, con todo isto, favorecendo a superación da actual crise”



















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).