Nota de Prensa
O BNG PIDE UN MAIOR CONTROL DOS CARTOS PÚBLICOS EN BARREIROS E UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS HUMÁNS.
Barreiros, 6 de febreiro de 2009. O BNG de Barreiros pide un maior control dos cartos públicos e unha mellor organización dos recursos humáns para prestar un servizos de calidade “e que se garantan os dereitos dos traballadores”. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, di que “xa son algo habitual os reparos que fai intervención do Concello de Barreiros a determinadas acción do equipo de goberno. Hai reparos ao aboamento das nóminas dos traballadores do Concello por un caso moi simple e fácil de entender… estánse pagando como productividade nesas nóminas o que son horas extras e desprazamentos. Son conceptos totalmente distintos porque non é o mesmo cotizar por horas extra a efectos da Seguridade Social que facelo por productividade. E incluso chega a haber traballadores no Concello de Barreiros que traballan 224 horas ao mes cando a media é de 150 horas e hainos incluso que non teñen descanso semanal tal e como aparece reflexado nos seus partes de traballo do 1 ao 31 do mes de xeito ininterrumpido”.
Veiga Outeiro engade que “no 2008 intervención realizou 32 reparos de legalidade. Desde o BNG entendemos que no Concello de Barreiros non se están rentabilizando os recursos humáns que se teñen, chega a haber contratados ao longo do ano 100 operarios e 100 operararios nunha poboación de 3.000 habitantes e nun concello de 72 kilómetros cadrados ben rentabilizados entendemos que podían dar un servizo moi eficiente. Nós non estamos a culpar aos traballadores desta situación, é máis hai que defender os dereitos dos traballadores por enriba de todo, pero o que estamos a ver é que no Concello esta mala organización dos recursos humáns repítese”. Aos nacionalistas chócalles “cómo non vai haber unha mala organización si ata a propia nómina do concelleiro de Obras foi reparada por intervención porque non se especifica o destino nin o motivo das viaxes que realiza. Desde o BNG somos moi escrupulosos cando se trata de cartos públicos, nós non desconfiamos de que non traballe este concelleiro, pero todos os veciños e os grupos da oposición teñen dereito a saber a onde vai, qué viaxes fixo e con qué motivo”.
Antonio Veiga sinala que “si a propia nómina do concelleiro de Obras conta con reparos de legalidade como non o van estar as doutros traballadores”. O BNG pide “máis control dos cartos públicos e unha mellor organización dos recursos para que sexan máis eficientes e para prestar uns servizos de calidade e con rapidez e que se garantan os dereitos dos traballadores”. O voceiro do BNG en Barreiros di que “chócanos moito que esto ocorra durante o ano 2008 cando hai un concelleiro de Obras con adicación exclusiva e cando temos un concelleiro de Economía e Facenda que ía levar persoal e que ía facer unha reestructuración do personal, pero estamos peor que cando un só alcalde levaba todas as competencias. Algo está a ocurrir en Barreiros e queremos que esto se solucione”.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



