|
NOTA DE PRENSA Así o acreditan os datos oficias do INEM que poden ser consultados na web da Consellería de Traballo |
| EN XANEIRO, CADA DÚAS HORAS, UN MARIÑÁN PERDEU O SEU POSTO DE TRABALLO |
|
A Mariña, 05 de febreiro de 2009.- O pasado mes de xaneiro, cada dúas horas, un veciño da Mariña perdía o seu emprego. Esta alarmante estatística que implica un deterioro da situación económica de moitas familias aparece acreditada polos datos oficias sobre paro rexistrado coñecidos nos últimos días e que foron obxecto de análise en rolda de prensa polo candidato mariñán do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol. O dirixente popular explicou que o número de desempregados na nosa comarca está a piques de superar á barreira das 4.000 persoas despois de que 372 veciños e veciñas da Mariña perderan o seu posto de traballo no primeiro mes de 2009.
A DESTRUCIÓN DE EMPREGO CHEGOU CON TODA A SÚA INTENSIDADE
Falando en termos porcentuais, nos primeiros trinta e un días do ano en curso, o paro creceu un 9,7% na nosa comarca. Esta cifra supera amplamente o porcentaxe de incremento do desemprego no conxunto da provincia, é moito peor que a media autonómica e moito máis negativa que a rexistrada no conxunto de España. Despois de coñecer estes datos, resulta máis evidente –segundo Balseiro Orol- que as políticas da Xunta e do Goberno central para frear a destrución de emprego fracasaron estrepitosamente, e que o forte ritmo de destrución de postos de traballo chegou en toda a súa plenitude á Mariña lucense. De feito, aqueles que falaban de taxas de paro do 4% para xaneiro de 2009 atópase agora con índices próximos ao 10%
|
|||||||||||||||
Unha vez máis, o desemprego afecta a todos os sectores produtivos: Hai 799 parados no sector servizos, 123 no ámbito industrial, 190 na actividade da construción, 144 no colectivo sen emprego anterior, e 75 no ámbito da agricultura e da gandería.
En todos estes sectores a variación do paro no último mes arroxa tamén un resultado negativo. O desemprego afecta de xeito especial ás mulleres que xa representan o 57% do total de persoas en paro.
| Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos | Sen emprego anterior |
| +32,5% | +32,0% | +75,4% | +27,6% | +3,3% |
| Comarca | Total persoas | Total homes | Total mulleres |
| A MARIÑA CENTRAL | 1.516 | 664 | 852 |
| A MARIÑA OCCIDENTAL | 1.622 | 663 | 959 |
| A MARIÑA ORIENTAL | 855 | 393 | 462 |
| TOTAL | 3.993 | 1.720 | 2.273 |
| persoas | 43% do total | 57% do total |
CÓMPUTO ANUAL
Balseiro Orol apuntou que no último ano (xaneiro 2008-xaneiro 2009) a destrución de emprego aumentou nun 30%, polo que hoxe temos 847 parados máis que fai doce meses e, pese a iso o Goberno de Touriño, de Quintana e de Ricardo Varela, máximo responsable das políticas activas de emprego en Galicia, está desaparecido. Precisamente esta falta de reacción dos actuais dirixentes da Xunta implica que os mariñáns estean a sufrir os efectos da crise multiplicados por dez. A esta situación contribúen as políticas de división e descordinación do bipartito.
Finalmente, Balseiro ofrece exemplos específicos do “drama” do paro na Mariña: 500 desempregados en Foz, 221 en Mondoñedo, 514 en Burela, superada a barreira do millar en Viveiro (1.092 persoas) e 572 en Ribadeo.


















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



