Grazas Galicia por recordar aos nosos políticos que o seu primeiro deber é servir ao pobo.
Grazas por mostrarnos como remata un país cando os intereses partidarios, corporativos e individuais sempre se antepoñen ao ben común e ao sentido común.
Grazas Galicia por corroborar que a política non pode ser entregada aos economistas.
Grazas por facernos recordar que os economistas, os mellores, apenas se logran lidar co ABC da súa imperfecta ciencia.
Grazas Galicia por recordarlle aos economistas que chegan a conselleiros que non deben ser soberbios, nin posar de rexios, nin de duros, nin de simpáticos cando case o 20% do pobo non ten traballo.
Grazas Galicia por indicarnos que pasa cando todo o pobo debe axustarse o cinto… todos menos a clase política.
Grazas por facernos ver que non está ben que o traballador sufra e o politico vaia nun coche de 65.000euros. E o fillo do deputado teña un contrato de obra por 2.000 euros mensuais. E tamén a filla, o irmán, a Muller e a amante, por suposto.
Grazas Galicia por seguir ensinándonos que os cidadáns valen segundo o apelido e os contactos que teñen e non segundo os seus méritos e virtudes.
Grazas Galicia por ensinarnos que pode pasar se todo o que produce un país remata sempre nas mesmas mans.
Grazas por mostrarnos que un país empobrecido non pode sobrevivir sen fixar prioridades. (Con moita xente en situación de pobreza, non se lle cae a cara de vergoña ao bispos cando reclama, unha e outra vez, que subsidie as súas escolas relixiosas?).
Grazas Galicia por facernos ver que quizais non sexa tan mala idea gravar os soldos de privilexio do Estado
Grazas por mostrarnos que o achique de gastos do Estado non pode pasar por degradar o sistema educativo.
Grazas por remarcarnos que algo non anda ben cando unha persoa que di defender os dereitos humanos celebra o terrorismo e a morte de inocentes.
Grazas Galicia por ensinarnos que pasa nun país cando o Poder Xudicial deixa de ser independente. 0 cando deixa de ser crible.
Grazas por exhibir que pasa cando a Xustiza é dura co cidadán común pero é débil e miope co político e os seus.
Grazas por amosarnos como remata un pobo cando cre que o que pasa na televisión é máis importante ca realidade.
Grazas Galicia por recordarnos que un presidente non pode ser vendido como un refresco.
Grazas por recordamos que a publicidade mente.
Grazas Galicia por mostrarnos que os presidentes non valen polo que din, senón polo que fan.
Grazas Galicia por mostrarnos que é inútil e que patético é ser máis ‘papista que o papa”.
Grazas Galicia por mostrarnos o que sofren os pobos sen memoria.
Grazas Galicia por que, grazas aos teus fracasos, sempre podemos xustificar os nosos.
Grazas por perdoarnos sempre a nosa crónica envexa de provincia.
Grazas Galicia por mostrarnos que no medio do caos, a miseria e a corrupción, se pode facer boa música, bo cine, bos diarios e pódese xogar brillantemente ao fútbol.
Grazas por mostrarnos que todas estas marabillas saben amargo cando non hai comida nin traballo.
Grazas por facernos acordar que os pobos constrúen o seu propio destino.
Grazas por facernos ver que o noso está nas nosas mans, aínda que non nos decatemos, porque estamos moi ocupados mirando un anaco Grande Irmán e outro anaco o programa Luar.
E Galia non me contestou consabido: “NON HAI DE QUE”…Quizabes Galicia estaba durmida e soñando.





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



