Nota de Prensa
Fomento leva case un ano incumprindo o acordo que lle obrigaba a negociar con Alcoa a apertura do dique norte
O BNG solicita a comparecencia de Blanco para que informe sobre o dique norte
O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar a comparecencia do Ministro de Fomento, o lucense Xosé Blanco, a fin de que como máximo responsábel dos portos de Interese xeral de conta das xestións que ten desenvoltas o Goberno do Estado a fin de facer efectivo o acordo adoptado pola Comisión de Infraestructuras do Congreso dos Deputados.
Hai que ter en conta que o 25 de Setembro de 2008 a Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a instancias do BNG solicitar do Goberno do Estado que iniciase negociacións coa multinacional ALCOA nun prazo de tres meses a fin de que se procedese a liberalizar o dique norte do porto de Moras. Na perspectiva de facer seguimento a devandito acordo os nacionalistas presentamos en Xaneiro de 2009 unha iniciativa de control na Cámara Baixa a fin de coñecer as xestións desenvoltas polo Goberno do Estado para facer realidade o acordo do Congreso. Neste sentido o Goberno do Estado contestou a esta pregunta con data 31 de Marzo de 2009 afirmando que por parte do Goberno non se procedeu a manter ningún contacto coa dirección de Alcoa. Poren na resposta do Goberno afirmase que o Ministerio de Fomento procedeu a analizar estudios de oferta e de demanda concluíndo que “no existe demanda no cubierta en la zona y que la oferta existente puede atender en condiciones adecuadas el tráfico en el año horizonte del PEIT. En su caso, la transformación supondría una redistribución de tráficos entre puertos, generando problemas de sobrecapacidad en aquellos en los que se pueda producir desviaciones de tráfico.”
O Bloque Nacionalista Galego considera que transcorreu un tempo máis que razoábel, case un ano, para que a administración do estado procedese a executar os acordos parlamentares polo que é fundamental a comparecencia que vimos de solicitar na perspectiva de coñecer cales son as auténticas intencións do mesmo. Non queremos pensar que tras o acordo de setembro de 2008 no Congreso o que se agochaba era unha expresión de cinismo por parte da cámara que pretendía disimular a falta de vontade política por facer unha realidade unha infraestructura tan necesaria para o norte galego.
O Bloque Nacionalista Galego considera que este incumprimento dos acordos parlamentares por parte do goberno do Estado significa un auténtico desprezo para os veciños da Mariña e unha burla por parte do partido que sustenta o Goberno aos seus electores posto que esta reivindicación recollíase no seu programa electoral e foi referendada polo PSOE en institucións locais, provinciais e autonómicas. O silencio e a falla de compromiso do Ministerio de Fomento evidencia que para o executivo a apertura do dique norte de Alcoa non é unha prioridade, e aínda máis que na axenda do Goberno Zapatero non está dotar a Lugo dun Porto Comercial.
Os nacionalistas consideramos que non hai ningunha razón de orde técnico , vinculada as características da enseada e da zona de abrigo , nin de ordenación dos usos nos Portos de Interese Xeral, estamos diante dun problema de vontade política e de falla de peso da Mariña de Lugo fronte ao Porto de Gijón e tamén d´a Coruña. Neste sentido hai que ter en conta que o actual presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, na súa publicación canónica sobre os Portos de Interese Xeral en 1999, afirmaba que as grandes fortalezas e oportunidades do Porto de Morás non estaba só vinculado ao binomio electricidade e aluminio ou as posibilidades que se abrían para os graneis líquidos e sólidos senón mesmamente a usos turísticos como podían ser o arrastre de transatlánticos de luxo, limitando as debilidades a deficiente conexión intermodal por ferrocarril e estrada. O BNG non vai entrar en ningunha batalliña de salón con outras forzas políticas sobre esta infraestructura, agora ben consideramos máis que irresponsábel, que se pretenda romper a unidade existente na comarca sobre esta reclamación.
Na nosa opinión merece unha reflexión particular a actual conxuntura económica que vive Galiza e o Mundo e as posibilidades de negocio e desenvolvemento para a zona que se abren coa apertura do dique norte ao tránsito comercial posto que abarataría os gastos de loxística de boa parte do sector industrial da zona que se ven obrigados a utilizar os Portos de Vigo, Coruña e Gijón, frearía a fuga de determinados divisións do noso tecido empresarial que se están desprazando cara Coruña e maioritariamente a Gijón e abrindo novas posibilidades de negocio como as que sinalaba o propio Presidente de Portos do Estado. Hai que ter en conta que a propia memoria da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao recollía na súa memoria de 2007 que o volume de negocio do conxunto dos dous portos representaba máis volume de negocio que o conxunto do sector forestal galego naquela altura, sendo o 46,7% deste volume, o que se xera en San Cibrao.
O BNG vai agardar ao mes de Setembro polas explicacións do Sr.Blanco na Cámara Baixa, no suposto de que estas non sexan coherentes co acordo do 25 de setembro de 2008, os nacionalistas retomaran a mobilización social emprendida o ano pasado e paralizada tras o acordo Parlamentario. No mesmo sentido queremos que o Goberno do estado teña claro que o BNG vincula directamente a apertura do dique norte coa posición do BNG na votación dos Orzamentos Xerais do Estado.





















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).