Nota de Prensa
Barreiro: “O Plan Impulsa marcará un antes e un despois no desenvolvemento económico da nosa provincia”
• O Presidente dos populares lucenses amosou a súa satisfacción e agradecemento polo “compromiso inequívoco” da Xunta de Galicia con Lugo e convidou “a todos” a traballar xuntos para superar os efectos negativos da crise
Lugo, a 25 de setembro de 2009.- O Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro compareceu hoxe en rolda de prensa para expresar a súa “total satisfacción” polo posta en marcha do Plan Impulsa Lugo, anunciado onte polo Presidente da Xunta e para “agradecer” a Alberto Núñez Feijoo “o compromiso inequívoco que asumiu coa nosa provincia”.
Para Barreiro, “o Goberno da Xunta practica a política dos feitos poñendo sobre a mesa un plan de reequilibrio territorial real e actuacións encamiñadas a correxir de raíz os problemas existentes, que complemantarán os xa iniciados coma o Plan de Choque ou o Plan Move e que tamén repercutirán positivamente na nosa provincia”.
Suliñou asimesmo que Núñez Feijoo amosou unha “especial sensibilidade” e unha “gran axilidade na resposta” hacia os plantexamentos e reivindicacións realizadas dende a provincia polo propio partido e polos empresarios e sindicatos promotores do denominado Plan Lugo como proba o propio programa Impulsa Lugo. Neste senso, Barreiro lembrou que o pasado 30 de marzo reuniuse cunha delegación do Plan Lugo e que o 17 xuño (só un mes despois da toma de posesión de Núñez Feijoo) representantes deste colectivo foron recibidos en Santiago polo Presidente da Xunta, un encontro no que tamén el participou. “Esto demostra a preocupación do Presidente pola situación que está a travesar a provincia”, suliñou.
“O Goberno de Feijoo demostrou que está á altura das circunstancias que marca inexorablemente a crise económica que estamos a vivir, que é sensible ás dificultades específicas que ten a nosa provincia e, o máis importante, que está disposto a aplicar unha discriminación positiva onde máis falla fai”, engadiu.
Na opinión do líder dos populares lucenses o paso dado onte en Lugo polo Goberno da Xunta é un “feito histórico, que marcará un antes e un despois” e non únicamente porque por primeira vez na historia da nosa Autonomía o Consello da Xunta se celebrara na Cidade das Murallas, senón porque é un plan que “persegue a unidade e a implicación no seu desenvolvemento de todas as administracións, dos empresarios, dos sindicatos e das asociacións”.
Unha implicación que será determinante á hora de redactar o plan estratégico e que establecerá as liñas básicas de actuación cos obxectivos últimos de incentivar os investimentos productivos e fomentar as actividades empresariais, creando emprego e contribuíndo a xerar riqueza e ó artellamento territorial da provincia.
Para Barreiro tamén é “significativo e unha garantía máis” que o Igape sexa o encargado de xestionar o desenvolvemento deste plan estratéxico e que o vaia facer dende unha oficina creada con ese fin en Lugo, concretamente na Delegación Territorial da Xunta.
“É un proxecto moi ambicioso polo seu contido e trascendencia pero nomeadamente pola súa vontade aglutinadora, porque fíxase como principal obxectivo que todos, dende os diferentes ámbitos da actividade pública e da iniciativa privada, poñendo especial énfase nos emprendedores, traballemos na mesma dirección, que non é outra que lograr o desenvolvemento económico da nosa provincia”, explicou.
Barreiro tamén salientou “como dato diferenciador” o feito de que o compromiso expresado onte por Feijoo “ten xa efecto inmediato”. Valorou moi positivamente neste senso as medidas transitorias de apoio ó investimento ou de préstamos subvencionados aprobadas para que a actividade económica vaia collendo pulo antes incluso da aplicación do propio programa Impulsa.



















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).