NOTA DE PRENSA
O GPPP denuncia que a Deputación reduciu á metade as axudas ó mariqueo na comarca da Mariña
* Os populares critican que, aínda por riba, o cobro das mesmas demórase un ano
Lugo, a 17 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou a ausencia de compromisos da Deputación co sector pesqueiro da Mariña e máis concretamente co marisqueiro, porque as axudas das que tanto falou José Ramón Gómez Besteiro para a pesca non existen nos orzamentos da Deputación nin do Inludes, e porque as que se concedía ó marisqueo descenderon en 2009 con respecto a 2008.
O voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia indicou que a aportación da Deputación para axudas ó sementado de marisco, a través do Inludes, foi no ano 2007 de 21.000 euros para toda a comarca, dos que 12.000 ían destinados ás mariscadoras de O Vicedo, por ser o grupo máis numeroso xa que se acerca na actualidade ás trinta mariscadoras; os restantes estaban distribuidos a razón de 3.000 euros para Ribadeo, Barreiros e Celeiro, que contan con menos mariscadoras.
Estas coantías mantivéronse en 2008, pero quedaron reducidas a 12.000 euros, practicamente a metade, nos orzamentos de 2009, sen ningún tipo de explicación, especialmente ás mariscadoras de O Vicedo, que pasan a ter a mesma asignación que os outros tres colectivos, ou sexa, tres mil euros, ainda que seguen sendo vintenove mariscadoras.
Barcia asegurou ademais que estas subvencións, de carácter nominativo e que por tal circunstancia figuran nos orzamentos do Inludes, tardan moito en cobrarse, concretamente un ano, polo que só cabe considerar esto como unha burla a un sector que precisa de todas as axudas posibles. O seu entender, amosa tamén que por parte da Deputación hai unha ausencia total de compromiso co sector e coa Mariña. “Se este é o ritmo de traballo neste caso é fácil imaxinar cal será en asuntos de máis calado”, dixo.
PROMESAS INCUMPLIDAS.-
O voceiro adxunto dos populares suliñou que foi a propia Deputación a que ofreceu axudas a confrarías, pero só se quedou neso, nun mero ofrecemento, que non se tén traducido en nada palpable. Lembrou asimesmo que o Presidente da administración provincial manifestou no seu discurso de investidura que a Mariña tería unha atención especial pero a realidade é que “Besteiro só usa a Mariña como plató fotográfico, do que hai mostras sobradas, pois o apio prometido non chega e moitas das obras comprometidas nin sequera están licitadas”.





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



