Nota de Prensa
O BNG RESPONDEULLE Á CONCELLEIRA DE FACENDA QUE CERVO NON PRECISA INIMIGOS EXTERIORES QUE XA SE BASTA E SOBRA O GOBERNO LOCAL PARA FUNDIR AS ARCAS PÚBLICAS
A concelleira de facenda Chelo Gallego semella estar convidando ao BNG a que difunda os documentos coas reclamacións económicas dos provedores
A concelleira de facenda cobra das arcas municipais moito mais do que debería pola súa escasa produtividade
Cervo, 20 de marzo de 2010. O BNG insistiu hoxe en que Cervo non precisa inimigos exteriores, que xa se basta o grupo de goberno para fundir as arcas municipais. Os nacionalistas insisten en que van informar a cidadanía puntualmente de todas as reclamacións de provedores que detecten e poidan prexudicar á facenda municipal porque este e o seu cometido, especialmente naqueles casos que poidan xerar recargos de demora ou reclamacións xudiciais que deberán ser asumidas polas arcas públicas.
A concelleira de facenda cobra unha dedicación parcial para traballar non para facer demagoxia partidista
O BNG saíu ao paso das declaracións da concelleira de facenda de Cervo aclarando que “todos os datos que ofrece e fai públicos están recollidos do rexistro municipal por tanto reais e non inventados como parece querer insinuar a concelleira.” O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, lamentou o discurso demagóxico da responsábel de facenda, “a Chelo Gallego págaselle unha dedicación parcial para que traballe e non para que faga demagoxia”, dixo Estúa que ademais engadiu que “unha responsábel de facenda que non e quen de presentar un orzamento municipal en prazo e con maioría absoluta para aprobalo, non se merece o salario que lle pagan os cidadáns”. Estúa advertiu que o BNG continuará denunciando os desaxustes económicos, xa que esta e obriga da oposición, facendo especial seguimento de todas aquelas reclamacións de provedores que supoñan recargos por demora nos pagos ou demandas xudiciais. Os nacionalistas ademais reclamaron ao goberno local moderación na negación da realidade, xa que doutro xeito semellan estar convidando á difusión publica dos documentos coas reclamacións de provedores ou os informes dos servizos de intervención.
Un convenio urbanístico sen garantías fixo perder ao concello 1,2 millóns de euros
Os nacionalistas tamén quixeron responder as acusacións da concelleira de facenda en relación ao Convenio de Infraestruturas e Servizos polo que a Promotora Pasillo Verde, agora Astunosa adebeda ao concello 1,2 millóns de euros. Para Estúa esta concelleira ten moi mala memoria cando lle interesa. O Convenio asinado cos promotores en 2006 que hoxe e papel mollado, foi asinado e aprobado en solitario polo goberno local e non contiña garantías de cobro no caso de incumprimento por algunha das partes, como foi o caso de Astunosa, que presentou concurso voluntario de acredores argumentando as débedas que outra empresa mantiña con ela, en ningún caso a imposibilidade de continuar a execución do proxectos pendentes en San Cibrao por impedimentos da administración autonómica.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



