NOTA DE PRENSA:
Así o confirmou o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy, en resposta a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol quen pretendía avaliar en materia de creación de emprego estas oficinas
O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE O PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO NA MARIÑA IMPULSADO POLO BIPARTITO NON SERVIRA PARA XERAR NINGÚN POSTO DE TRABALLO
* Balseiro Orol ve confirmada a súa sospeita, trasladada por alcaldes e portavoces locais, de que esta oficina técnica se limitou a desenvolver enquisas e análises estatísticas.
Santiago, 7 de abril de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular lamenta que o Pacto Territorial de Emprego na Mariña lucense impulsado polo Bipartito non servira para xerar ningún posto de traballo, salvo o dos cinco técnicos que desempeñan o seu labor nas oficinas deste organismo sitas no concello de Foz. Así o confirmou o director xeral de Promoción de Emprego, Andrés Hermida Trastoy, en resposta a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol, quen pretendía realizar unha avaliación en materia de creación de emprego do traballo desenvolvido por estas oficinas.
O deputado popular ve confirmadas así as súa sospeita, trasladada por alcaldes e portavoces locais, de que o Pacto Territorial de Emprego na Mariña se limitaba a desenvolver enquisas e análises estatísticos en vez de efectuar un labor de intermediación ou impulso de políticas activas de emprego no territorio de referencia. “Os veciños da Mariña aspiran a ter menos enquisas e máis postos de traballo” lembrou Balseiro.
INSTRUMENTOS INEFICACES
“Tendo en conta que hoxe herdamos un mercado laboral en crise, caracterizado pola alta destrución de emprego, non pode ser satisfactorio que existan uns chiringuitos que simplemente realizan análises demoscópicos, queremos que sirvan para colaborar na tarefa de xerar novos postos de traballo, e todo o que non vaia nesta dirección será un fracaso”- concluíu Balseiro quen insitiu na necesidade de redefinir o Pacto Territorial da Mariña.
Finalmente o Grupo Popular e o representante autonómico coincidiron en salientar a “negativa politización” coa que estes Pactos Territoriais naceron, impulsados e controlados polo bipartito, así como as dúbidas que existen respecto das polémicas xurdidas nos procesos de contratación.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



