LUGO .- A Consellería de Economía e Industria adxudicou á empresa consultora Deloitte S.L a elaboración dun proxecto para o impulso económico da provincia de Lugo. A adxudicación, que ten carácter provisorio, ascende a 230.520 euros, dos que 60.000 dependerán do novo emprego vinculado aos investimentos foráneos captados por mediación directa da empresa adxudicataria
Nota de Prensa
ECONOMÍA E INDUSTRIA ADXUDICA A DELOITTE S.L. A ELABORACIÓN DO PROXECTO PARA O IMPULSO ECONÓMICO DA PROVINCIA DE LUGO
* Segundo a resolución do director xeral de Igape, publicada hoxe, o importe total da adxudicación, que ten carácter provisorio, ascende a 230.520 euros, dos que 60.000 dependerán do novo emprego vinculado aos investimentos foráneos captados por mediación directa da empresa adxudicataria
* A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destaca que este “importante paso” continúa coa temporalización realizada trala posta en marcha do ImpulsaLugo, “que conta dende a súa aprobación cunhas medidas transitorias que teñen plena aceptación por parte do ámbito empresarial”
* A empresa disporá dun máximo de cinco meses, contados desde a sinatura do contrato, para elaborar o proxecto e colaborará durante un ano e medio na implantación e seguimento correspondente
* O proxecto deberá definir un plan de competitividade para a provincia e incorporar a definición de novas actividades económicas e accións para desenvolvelas na provincia, así como propostas para impulsar, reorientar ou potenciar sectores xa existentes
Lugo, 19 de maio de 2010.- A Consellería de Economía e Industria vén de adxudicar á empresa consultora Deloitte S.L., a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a elaboración do proxecto para o impulso económico da provincia de Lugo. Segundo a resolución asinada polo director xeral do Igape que se fixo pública hoxe, o importe total da adxudicación, que ten carácter provisorio, ascende a un total de 230.520 euros (IVE incluído), dos que un máximo de 60.000 euros dependerán do emprego vinculado aos investimentos foráneos captados por mediación directa da empresa adxudicataria. A elaboración do proxecto está cofinanciada a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou que esta adxudicación representa “un novo e importante paso” que continúa coa temporalización realizada trala posta en marcha do ImpulsaLugo, “que conta dende a súa aprobación en setembro cunhas medidas transitorias en vigor que están a recibir a total aceptación por parte do ámbito social e empresarial”. Estas medidas manteranse plenamente vixentes ata a aprobación do proxecto estratéxico que ven de ser adxudicado.
A empresa Deloitte S.L. disporá dun prazo máximo de cinco meses, a contar desde a sinatura do contrato de adxudicación, para a elaboración deste proxecto destinado a impulsar o desenvolvemento económico da provincia de Lugo. A continuación, e de acordo coa súa oferta, a sociedade elixida deberá colaborar no seguimento da aplicación do proxecto durante un ano e medio. O orzamento de licitación para a contratación dos servizos de elaboración, implantación e seguimento do proxecto de impulso económico da provincia de Lugo era de 280.000 euros, IVE incluído.
Para proceder á correspondente adxudicación provisoria, o Igape valorou de xeito especial, de acordo cos criterios establecidos nos pregos que rexeron a licitación, a calidade da proposta de Deloitte, que inclúe detalle das accións adecuadas aos obxectivos finais que se procuran co proxecto, que deberá identificar os sectores de actividade e as oportunidades de desenvolvemento empresarial a desenvolver cara o futuro. A proposta gañadora destaca pola súa metodoloxía de análise, eminentemente práctica e que pon énfase nos factores de decisión crítica. Tamén achega unha selección e priorización de sectores de actividade, posicionando as vantaxes competitivas de cada sector, factor que facilitará a posterior aplicación do plan elaborado.
Segundo as prescricións de licitación, o proxecto concretará “novas actividades específicas que se estima idóneo implantar na provincia de Lugo, así como avaliación das actividades económicas existentes que convén desenvolver, reorientar ou potenciar”, expuxo Raquel Arias. Segundo o previsto no prego das prescricións técnicas da licitación, o proxecto final deberá ter un carácter marcadamente práctico e estará orientado á elaboración de plans de actuación que faciliten a identificación e priorización das actuacións que teñen que levarse a cabo no corto, medio e longo prazo para acadar o obxectivo buscado, que non é outro que darlle impulso económico a esta provincia.
O proxecto deberá incluír unha análise da competitividade territorial, con propostas concretas para superar os factores que a limitan na actualidade, así como a definición de novas actividades e os plans para desenvolvelas na provincia. O proxecto “tamén incorporará a avaliación de opcións concretas de crecemento para a provincia, así como a priorización das opcións de desenvolvemento seleccionadas e a valoración do impacto de crecemento en PIB e en nivel de emprego”, concluíu a delegada territorial.


















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



