BURELA (FNC) .- Os concelleiros Neves Cando e José González Legazpi criticaron esta tarde ao PP ao que acusaron de traizoar aos veciños das Casas Baratas despois de teren votado en contra dunha iniciativa presentada polo BNG para que continuasen as actuacións programadas e presupostadas pola Consellería de Vivenda en 2009. Os edís nacionalistas aseguran que si algo ocorre nos tellados desas casas será unicamente responsabilidade da Xunta.
Neves Cando sinalou que “na sesión celebrada hoxe no parlamento o PP reiterou unha vez máis a traizón aos veciños das Casas Baratas ao votar en contra dunha iniciativa presentada polo BNG na que se reclamaba que o goberno galego continuase as actuacións programadas e debidamente orzamentadas pola Consellería de Vivenda no ano 2009 para a reparación dos grupos de vivendas de promoción pública das Casas Baratas e da rúa do Río”.
A concelleira de Benestar Social lembrou que “o anterior goberno galego a través da Consellería de Vivenda e Solo, da que era responsable a nacionalista Teresa Táboas, acometera nas vivendas das Casas Baratas dúas tarefas. Por un lado, resolver a eiva xurídica dos propietarios destas vivendas ás que non se lles entregaran as escrituras de propiedade despois de máis de 50 anos da súa construción. E por outro, a execución das obras para reparar os seus tellados tal e como recollían os orzamentos do ano 2009 da Xunta de Galicia. Desmentindo as mentiras do PP que, enganando aos veciños dicía que non había tales orzamentos, quero dicirlles que nos presupostos do IGVS para o 2009 no capítulo 6 partida 6170 de reparación de vivendas de promoción pública que tiña un orzamento total de 6 millóns de euros, case 1 millón de euros correspondían as obras das Casas Baratas e da rúa do Río de Burela”.
Cando subliñou que “o PP votou tamén en contra, no pleno que celebramos este mes, dunha moción nosa na que esixíamos ao goberno galego que executase esas obras debidamente orzamentadas no ano 2009 e das que unha fase xa tiña licencia municipal. Collidos nesta mentira, posto que os cartos xa os había, o PP no parlamento galego xa non dubida desto e agora bota balóns fora argumentanto que terían que ser tamén o goberno central e o Concello, a través da declaración das Casas Baratas como unha área de rehabilitación integral nun proceso que levaría anos, os que terían que acometer as obras cando as competencias en materia de vivenda, protexida neste caso, son da Xunta de Galicia”.
A edil do BNG engadiu que “o PP, primeiro en Burela e despois no parlamento galego, abandona a estes veciños das Casas Baratas nun asunto tan importante como a reparación dos tellados que teñen máis de 50 anos. Ademais un grupo de 15 vivendas aínda son propiedade da Xunta, posto que non están entregadas as escrituras de propiedade e se algo pasa neses tellados será responsabilidade do PP na Xunta ao negarse a amañalos”.
Neves Cando e José González Legazpi consideran que “agora o PP de Burela terá que dar explicacións a estes veciños de por qué os tellados da rúa do Río serán amañados, segundo eles dicían estes días, e sen embargo os das Casas Baratas non, estando este grupo de vivendas nas mesmas condicións legais. E terán que explicar tamén en que gastaron o millón de euros dos orzamentos de 2009 destiñados para estas obras. Se os tellados das Casas Baratas non se amañan aquí só hai un responsable e un culpable e ese é o PP”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



