O título corresponde a un comentario dunha persoa non afeizoada ó fútbol (non é meu), e coido que encaixa no ‘Ribadeo era unha festa’ que se viviu onte. Ribadeo como parte da ‘roxa’ (o dicir como parte de España é algo máis complicado), facendo ondear bandeiras, algunhas con logotipos como o dun whisky. ‘Divertíndonos’: berrando, bebendo, babeando (isto, porque cadra para que coincidan as 3b e encadra como palabra recoñecible de situación tan ben como outras moitas aplicables).
Supoño que como boa parte de España, Cataluña con Puyol incluída.
Agora cabe pensar se o emprego dos 0,6 M€ por cada xogador rendiu. Se se lograron os obxectivos que se pretendía e corresponden co valor dos cartos empregados.
Que obxectivos? Non era o ganar o mundial de fútbol? Diriase que si, pero tamén para algo máis. Evidentemente, para o obxectivo de despistar a crise (da crise, quero dicir), si rendiu. Alomenos durante un tempo. Para cohesionar un estado? Momentáneamente, antes de que pase a resaca, pero tamén. Aínda que xa esteñamos de resaca ó día seguinte, chega con mirar a rúa como quedou á luz do día. Para aglutinar detrás dun símbolo? Si, pero un símbolo que deixou de significar o simbolizado: se queremos (quen queira) ser como os norteamericanos coa súa bandeira, que bandeira escolleriamos, a do ‘güisqui’ DYC que ondeaba algún? (os cores da española co logo de DYC e mesmo a frase ‘Disfruta de un consumo responsable’) Permitirian unha cousa tal nos EEUU?
A fonte do Parador foi o lugar de encontro posterior. Aquí non hai como na Cibeles, moito que romper: é abondo robusta, e dende que se comezou a empregar como lugar de celebración futbolera mesmo parece que deixou de botárselle deterxente e aparecer chea de espuma. A xente bañouse entre xaleo e bocinas de coches, nunha noite que apetecía para calquera cousa.
Mentras, a non tantos metros de alí, vin por primeira vez a cancela do porto, dun porto que paseniñamente se vai querendo facer estrano ós propios ribadenses que o teñen por seu e o defenden como tal. Estaba a medio cerrar, no sentido de entrada, non de saída, coa sinal de parada previa á antreda en inglés, ‘stop’ en troques do ‘alto’ que aparece por latinoamérica, e si, Castropol ó fondo, entre naves … Mentras, Ribadeo era unha festa.
Antonio Gregorio







O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



