Nota de Prensa
O Clube Baloncesto Burela, por medio da presente nota, pon en coñecemento dos xogadores/as interesados que iniciamos os entrenos de cara a vindeira tempada 2010-2011. ![]()
Asi, o próximo xoves 19 de agosto inician os entrenos os seguintes equipos:
* O júnior femenino, equipo conxunto do C. Baloncesto Burela e Celtas de Foz, que adestrará as ordes de Manolo Cobas nos pavillóns de Marzán e Vista Alegre de Burela.
* O cadete femenino, que adestrará as ordes de Carlos Méndez (Madar), que inscribiremos para participar na fase de apertura e poder optar a liga autonómica de Galicia.
* O infantil femenino, que tamén adestrará as ordes de Madar e que tamén participará na fase de apertura previa aos cruzamentos para a liga galega.
O resto dos equipos, infantil masculino, que adestrará as ordes de Lolo Ben; e os de minibasket e premini comenzarán os entrenos no próximo mes de setembro na data que se anunciará oportunamente.
Lembramos a todos aqueles xogadores/as que viñeron entrenando e competindo co clube, e a aqueles/as que queiran practicar o baloncesto que se poden poñer en contacto cos seus adestradores ou ben chamar ao teléfono 670493726, onde se lles informará dos horarios e pavillón de entreno.
Polo tanto, o próximo xoves 19, damos o pistoletazo de partida a unha nova tempada que esperamos sexa polo menos tan exitosa para clube e xogadores coma a pasada, na que lembramos tivemos éxitos deportivos e de participación en tódalas categorías.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
