Nota de Prensa
Veiga achégalle o apoio do BNG a Folga a Xunta de Persoal do Hospital e indica que o paro do 29 é unha xornada en defensa dos servizos públicos.
O BNG denuncia que o PP está a aplicar unha morte lenta a sanidade na Mariña.
A Permanente da Xunta de Persoal do Hospital da Costa e o Bloque Nacionalista Galego mantiveron hoxe mércores unha xuntanza en Burela onde analizaron a problemática sanitaria da Comarca e a política de desmantelamento da sanidade na Costa que está a levar adiante o Goberno da Xunta de Galiza. Ao remate da reunión o Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga denunciou que “o Partido Popular está a aplicar unha morte lenta e doorosa á sanidade na Mariña, xa non incumprindo as propostas que cando eran oposición formularon para o centro senón que mesmamente están a paralizar cuestións centrais como o Plano Estratéxico do Hospital ou o Plano Mellora na atención primaria”. Veiga continou afirmando que “ aquí non só estamos a defender que o Hospital da Costa non pase a ser unha sucursal de Lugo senón que se execute o Plano Director do Hospital e que se dote ao mesmo de medios dos que carece e que curiosamente o PP demandou con insistencia na etapa anterior.É lamentábel que o PP se sitúe enfronte dos veciños da mariña opoñéndose a cousas tan necesarias como o que Hospital conte con máis medios e con novas especialidades”.
Os representantes da Xunta de Persoal do Hospital e os do BNG observan con particular preocupación a política sanitaria da Xunta de Galiza, na medida que se sustenta nunha redución dos fondos destinados a sanidade pública e que propón un novo modelo de organización do sistema sanitario que pretende centralizar servizos nas grandes cidades. Esta orientación está a provocar xa unha importante merma na calidade asistencial e está a poñer en risco o sistema sanitario público no conxunto da comarca, en vías de desmantelamento e ao borde dun autentico colapso. Neste sentido analizaron a próxima implantación dun novo modelo organizativo que implica a centralización dos servizos hospitalarios na cidade de Lugo e xa que logo a perda de servizos e especialidades no Hospital da Costa así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña ao Hospital de Lugo para realizar probas e consultas que ate agora realizaban no Hospital de Burela. Na mesma liña Veiga denunciou que “a redución do gasto sanitario nas contas públicas provocou que o “Plano Estratéxico do Hospital da Costa” xa aprobado, se quedase sen dotación orzamentaria neste ano, o que imposibilita a ampliación do Hospital da Costa, impide a ampliación do seu catalogo de servizos e prestacións e reduce os seus medios materiais e humanos”.
O BNG mostrouse tamén moi crítico coa paralización por parte da Consellaría de Sanidade do denominado “Plano Mellora” co que se pretendía aumentar os recursos dos médicos de familia así como delegar neles determinadas funcións que desenvolvían os especialistas.” Agás no caso da receita electrónica que se está a introducir con grande lentitude, no caso da Mariña os aspectos que se recollían neste plano seguen sen facerse realidade” afirmou Veiga que continuou denunciando que “tanto é así que a paralización de determinadas obras de infraestrutura deixou sen servizo de fisioterapia a algún centro de saúde , ou as probas de citoloxía seguen sen realizarse na primaria, ou o servizo de retinografía carece de medios para poder aplicarse”. Agora ben o caso máis sangrante, na opinión dos nacionalistas, dáse no incumprimento en materia de persoal sanitario ata o punto non se cumpre na maioría dos Concellos da Área Sanitaria que cada ATS se corresponda cun médico ou que en varios Concellos algúns médicos vense obrigados a atender a máis de das 1250 cartillas.
O Responsábel Comarcal do BNG aproveitou a reunión para achegar a Xunta de Persoal do Hospital o apoio dos nacionalistas a Folga Xeral do 29 de Novembro.”Hai que parar as políticas de dereita que están aplicar o PP e o PSOE. O 29 de setembro debe ser unha grande xornada de protesta en defensa dos servizos públicos, na que a maiores de demandar emprego e dereitos para os traballadores, temos que dicirlle ao Goberno da Xunta que non imos tolerar máis recortes en materia social” recalcou Veiga quen “incidiu que a Folga vai con toda a poboación, asalariados e desempregados, mozos e vellos, porque o que está en xogo é que a comarca da Mariña e Galiza siga a manter os piares do estado de benestar”.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



