Nota de prena:
Jesús Novo nega “rotunda e categóricamente” calquer vinculación coa Operación Carioca
O Vicedo, a 8 de novembro de 2010.- O alcalde de O Vicedo Jesús Novo, ante a información publicada pola revista Interviú, nega rotunda e categóricamente que fora chamado a declarar, nin en calidade de testigo e menos aínda como imputado, na causa aberta por un Xulgado de Lugo sobre a denominada Operación Carioca como se dá a enteder no mencionado artigo. Nega asimesmo a celebración de ningún tipo de festa no barco ó que se alude na información, e lamenta que algún medio de comunicación de pábulo a patrañas e mentiras sen ningún rigor periodístico.
Jesús Novo anunciou a presentación dunha querella contra a citada publicación de tirada nacional e contra Rita Angelina Signorotto polas afirmacións que realiza na mesma. Tamén indicou que dirixirase por escrito ó Xulgado de Lugo para darlle conta do artigo públicado ós efectos de poder deixar claro ante a opinión pública, dado que a causa atópase baixo segredo sumarial, que non ten ningunha relación coa Operación Carioca.
Novo, poñendo por diante o respeto á liberdade de expresión e a liberdade dos medios de comunicación para informar os seus lectores do que estimen oportuno e convinte, tamén pediu respeto, e sobre todo rigor, á hora de publicar ou difundir calquera tipo de información, sobre todo cando ésta é susceptible de causar un dano político e persoal que non está xustificado e que resultará irreparable. Salienta neste contexto que non é de recibo que un medio de comunicación se faga eco dunhas acusación tan graves sin dispoñer do aval que lle permita sustentalas e refrendalas.





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



