* Stéphane Hessel, activista francés que loitou contra o nazismo durante a II Guerra Mundial, leva vendidos máis de dous millóns de exemplares do seu último libro, publicado baixo o título de Indignez-vous! Agora tamén se pode atopar en galego, publicado por Factoría K e con prólogo de Manolo Rivas. O libro non é máis cá un convite á revolta pacífica, que xa non é pouco, que funciona ben como tal pero ao que lle falta certa solidez argumental na defensa dos seus prantexamentos e no que se bota en falta unha ollada de xénero á hora de dar forma á revolución. Pero malia todo é un texto acaído para cumprir co seu obxectivo: arengar á sociedade.
Este artigo que agora les vai na liña do texto de Hessel. Quere ser unha chamada de atención á necesidade de transformar a idea que hoxe temos do Día Internacional da Muller. Os fastos, homenaxes, discursos e medidas dun único día é obrigado que se transformen e accións dun ano, de moitos anos que lles adebedamos a todas e cada unha das mulleres do noso redor.
Escribirei sen argumentos, co obxectivo único de dirixirme a ti, home, para que recapacites sobre o que levamos facendo séculos e adoptes a vontade de cambio na procura da igualdade real e efectiva. Logo serás ti quen deba buscar os argumentos para transmitilios aos teus (o Observatorio da Mariña pola Igualdade pode darche un feixe deles).
Son precisos moitos 8 de marzo cada ano porque até onte o número de vítimas mortais da violencia machista en 2011 ascendía xa a catorce. Mulleres asasinadas polo único feito de ser mulleres. Milleiros delas sofren a cotío violencia psicolóxica máis grave, se cabe, cá física.
Porque neste tempo, século XXI, aínda teñen que berrar que a rúa e máis a noite tamén son delas para espantar o medo as agresións sexuais.
Porque nas eleccións do vindeiro mes de maio cóntanse cos dedos dunha soa man as candidatas que encabezan listas electorais nos municipios da Mariña.
Porque a crise cébase con elas, relégaas ao traballo precario e ameaza con devolvelas a un espazo privado, ao fogar, do que tanto lles custou saír.
Porque ti e máis eu, homes, a igual traballo percibimos un maior salario.
Porque ti e máis eu, homes, podemos ir a unha reunión ás oito do serán e logo compartir cervexa, cea e copa cos xefes, homes tamén, e así gañar puntos na cadea de ascensos. E como ti e máis eu estamos fóra ela ten que voltar ao fogar, coidar da casa, das nenas ou das persoas maiores, o que a obriga a quedar baixo o teito de cristal, tan duro, tan difícil de romper para as mulleres.
Porque cando ti e máis eu, homes, ligamos moito recibimos o aplauso e a admiración dos que temos ao redor mentres que cando é ela a que triunfa cos mozos o calificativo máis livián é puta.
Porque a supresión do Ministerio de Igualdade, berce dun feixe de erros pero tamén dunha presada de acertos, recibiu o aplauso da inmensa maioría deste país malia que o aforro final é de catro perras contadas.
Porque aínda pensamos que temos dereito a decidir sobre o seu propio corpo cando determina non seguir adiante cun embarazo.
Porque aínda enchería outro cento de liñas con desigualdades históricas que non fixemos máis cá perpetuar. Ti e máis eu, homes, fillos dunha sociedade androcéntrica e patriarcal non podemos máis cá agochar a cabeza e pedir perdón. E logo erguela, achegarnos a elas e berrar con forza que son precisos 365 días da Muller cada ano e durante moitos anos.
* Suso López, feminista e especialista en comunicación política







López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



