Con fondo pesar recibimos a noticia do pasamento do noso veciño, socio e membro colaborador da AC Francisco Lanza, e sobre todo amigo, Antonio Díaz Amor, Coté. Participou de xeito activo na vida social e cultural ribadense sempre que tivo ocasión. Desde hai anos establecido nas terras de Soneira, tamén alí desenvolveu unha inxente labor cultural, nomeadamente no eido da música.
Aló onde estiver, en Compostela nos seus tempos de universitario, polas terras de Asturias, ou xa na costa do solpor, como ben gusta de chamala o seu amigo Xosé María Lema Suárez, o noso Coté sempre levou con orgullo a súa condición de ribadense e difundiu a vitalidade cultural de Ribadeo, na cal se involucrou activamente. Con que orgullo falaba do manual de lóxica formal de Alfredo Deaño polos corredores da facultade de Filosofía! Ben sabía a xente da Mariña en Compostela, e por extensión os demais, da intensa actividade cultural ribadense da nosa agrupación Francisco Lanza.
Foi membro do Consello de Redacción dos Cadernos ribadenses nos seus números 1, 2 e 3. Publicou tamén artigos en varios dos seus números. Ben fora para darnos a coñecer o ensaio do noso cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, dedicado á figura de Alexandre Bóveda, ben fora para reflexionar sobre a reivindicación da diferencia abordando o dereito de autodeterminación nas sociedades modernas e a necesidade de reivindicarmos a diferenza nunha sociedade tecnolóxica cada vez máis uniformizadora, ben fora para render homenaxe a Hernán Naval no especial que lle dedicamos en maio de 2002, a súa achega estivo aí. E como imos esquecer a súa colaboración co fanzine O Pipelo desde o que con tanta sátira dabamos un “bo” repaso á actualidade política, social e cultural ribadense!
No seu artigo Reticencias. “Perseguidor”, dedicado a Hernán Naval cando a homenaxe xa citada, Coté despedíase del con estas verbas: “Amigo, esta derradeira reticencia, por desgraza, non remata como tódalas anteriores, nuns puntos suspensivos. Remata nun silencio sempre vivo. Gracias e ata sempre. Amigo.”. Para nós, a túa marcha repentina deixa un silencio fondo, pero tamén vivo, a través do recordo que manteremos sempre presente.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



