Burela, 28 de marzo, 2026. Vista Alegre viviu unha tarde especial coa visita do exburelista Anderson De Almeida Gomes, “Purão”, convidado polo club para revivir momentos inesquecibles da súa etapa laranxa. Antes do inicio do encontro, o xogador recibiu unha camiseta conmemorativa nun emotivo acto que puxo en pé á bancada.
Primeira parte: ocasións, intensidade e empate antes do descanso
O Burela comezou o partido cun ritmo moi alto e acumulando ocasións claras desde o minuto 2, con chegadas de Charly, Pitero e Izan que obrigaron a lucirse ao porteiro visitante, Nacho Serra. O Levante respondeu cunha transición perigosa de Benages no minuto 4.
O 0-1 chegou no minuto 9, nun disparo de Pedro Toro tras un saque de córner. O Burela tivo a oportunidade de empatar cun penalti no 12, pero Serra volveu aparecer. A insistencia laranxa tivo premio a un minuto do descanso, cando Pitero fixo o 1-1 cun disparo cruzado que tocou no porteiro.
Segunda parte: remontada, sufrimento e un final de infarto
A segunda metade non puido comezar mellor: Raid asinou o 2-1 no minuto 21 cun disparo afastado que sorprendeu ao gardameta.
O Burela seguiu xerando perigo, pero Serra continuou sendo decisivo para o Levante. No minuto 31, o conxunto visitante empatou nunha contra que culminou Rochina tras un primeiro intento de Coke.
Os laranxas non baixaron os brazos: Alberto estrelou un balón no pau e Raid rozou o gol nun disparo cruzado. O partido parecía encamiñarse ao empate, pero Vista Alegre aínda gardaba un último estoupido de emoción.
No último minuto, unha transición perfecta entre Alberto, Izan e Pitero estivo a piques de acabar en gol, pero Serra volveu aparecer. No saque posterior, o porteiro visitante cometeu penalti sobre Alberto. Pitero, con sangue fría, transformouno a 35 segundos do final para poñer o 3-2 definitivo.
O Levante tentou o empate con xogo de cinco, pero o Burela mantivo a orde defensiva e asegurou unha vitoria tan sufrida como celebrada.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 3-2 Levante UD FS
Reyco Burela FS (3): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Izan, -quinteto inicial-, Alán, Jason, Alberto, Mauro, Nico, Lautaro (P)
Levante UD FS (2): Nacho Serra; Rochina, Benages, Alberto, Pedro Toro –quinteto inicial-, Julián, Paco Silla, Toni Modesto, Coke, Manu Rodrigo, Omar Molines.
Goles: 0-1, min. 9: Pedro Toro. 1-1, min. 19: Pitero. 2-1, min. 21: Raid. 2-2, min, 31: Rochina. 3-2, min. 40: Pitero (Pentalti)
Árbitros: Óscar Gómez // Rubén Garrido // Olivier Cardero // María López. Por parte do Reyco Burela viron tarxeta amarela Pitero (11′) e Alán (36’). Por parte do Levante UD, Pedro Toro (11′), Miguel Ángel Domingo Salinas (Delegado) (35′), Nacho Serra (39’), Miguel Ángel Domingo Salinas (39’) (doble amarilla), Carlos Márquez (39’) e Omar Molines (39′).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela. Realizouse un acto previo ao partido onde se lle fixo entrega dunha camiseta oficial do club a Purão


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.

