Nota de prensa
ACTA DO XURADO DO ANTROIDO DE VIVEIRO DO ANO 2011
Membros xurado:
D. Jesús Fernández ,Ärea comercial Praia de Covas.
D. José Manuel Moreno Moreno, Seminario Terra de Viveiro.
Dª. Dolores Fernández Basanta, Coral Polifónica Alborada.
Dª. Cruz Penso Gato, Asociación Cultural Bágoas da Terra.
D. Bernado Fraga Galdo, Asociación Penalba.
Secretaria: Rosario A. Basanta Gabeiras.
Despois de presenciar o desfile do Antroido e feitas tódalas deliberacións, a resolución do xurado é a seguinte:
CATEGORÍA INDIVIDUAL:
2 º premio 50 € Luz do sol
1º premio 60 € Primavera
CATEGORÍA PARELLAS:
3º premio 50 € Policia Loca
2 º premio 60 € Angel Cristo e Misha
1º premio 100 € Willy Fog y Rigodon
CATEGORÍA GRUPOS:
3º premio 100 € Bombeiros de Aspanane
2 º premio 150 € Os Pavos dos Foles
1º premio 200 € Los Locis tiovivo
CATEGORÍA COMPARSAS:
2 º premio 170€ Los niños de San Incordio
1º premio 200 € Os indios do Valado
CATEGORÍA CARROZAS:
3º premio 200 € La casita de chocolate
2 º premio 250 € Os astronautas de Viveiro
1º premio 300 € ¿ aquién le amarga un dulce?
ESPECIAL Ó HUMOR: 100 €: Geriátrico y Asistenta Social ( 100.00 € doado pola Peña Celtista de Viveiro)
ESPECIAL A ORIXINALIDADE: 100.00 € Pique e Shakira
A cada unha das carrozas deuselles unha axuda económica de 200.00 € ( 9)
Viveiro, 8 de marzo de 2011.





















Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



