Estanse a celebrar con gran éxito os obradoiros de ludixullo, organizados pola OMIX do Concello do Valadouro, tal como o demostra o número de cativos apuntados que xa roza os trinta nenos e nenas, superando con moito todas as previsións feitas por esta oficina. Unha das claves dos obradoiro é o divertimento unido ao emprego de materiais reciclabeis tales como esponxas vellas, pasta de arroz, botóns, etc. Supón así unha actividade distinta e refrescante para os máis cativos en este verán no mes de xullo.
Obradoiros organizados pola OMIX do Concello do Valadouro
Obradoiros organizados pola OMIX do Concello do Valadouro
Relacionado
-
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas