Nota de prensa
PRESENTOUSE O PROXECTO DE RECUPERACIÓN E MELLORA DO ENTORNO DO CELEIRIÑO, PARA O QUE A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA ACHEGA 120.000 EUROS
Antonio Veiga e Bernardo Fraga explicaron esta tarde as melloras que se van acometer no barrio viveirense no que constitúe a primeira e decisiva actuación que se leva a cabo no mesmo
VIVEIRO, 2 de setembro de 2011. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, mailo tenente de alcalde do concello de Viveiro, Bernardo Fraga, presentaron esta tarde o proxecto de recuperación e mellora do entorno histórico do Celeiriño, para o que a Vicepresidencia Primeira da Deputación achega 120.000 euros, nunha reunión cos veciños e veciñas de Viveiro. O barrio do Celeiriño, na actualidade, atópase nun estado de conservación deplorable debido ás circunstancias de asentamento do terreo, o que propiciou o derrubamento dunha parte das vivendas existentes e a interrupción dalgúns elementos dos servizos urbanos. Deste xeito, a intervención cuxo proxecto se presentou hoxe maniféstase necesaria dende hai tempo, e constitúe a primeira actuación que se realiza no entorno, contribuíndo de xeito decisivo á súa recuperación.
Bernardo Fraga presentou aos medios e aos veciños e veciñas o proxecto, que foi elaborado polos servizos técnicos do concello, e explicou que “hoxe rendemos contas do que foi unha das propostas centrais do noso programa nas pasadas eleccións municipais, no que figuraba esta mellora como unhas das primeiras actuacións”. Continuou comentando que “o noso obxectivo non é a confrontación senón a achega de solucións, e isto ponse de manifesto coa obra que se vai realizar”. Pola súa banda, Antonio Veiga manifestou a súa satisfacción porque se vaia levar a cabo esta rehabilitación, e comentou que “non era de recibo que despois do tempo transcorrido dende os derrubamentos, o barrio do Celeiriño se atopara aínda así”. Explicou que “esta é a primeira actuación que se leva a cabo, pequena pero decisiva, e noso obxectivo é darlle continuidade a este proceso de rehabilitación e mellora dun dos barrios máis emblemáticos de Viveiro e mesmo da Mariña”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



