MOCIÓN DE “CORDURA”
Xentes de Foz, sexamos coherentes, esquezan a ideoloxía nun instante, e pensen si a nosa Vila se merece isto, si se merece ser gobernada por un equipo de goberno pantasma, que non está en ningures e que botan man do tremendismo para meter medo na poboación.
Gobernates do Concello de Foz, co Sr. Javier Castiñeiras alias “o prohibitivo” á cabeza, imaxínome nun corto espazo de tempo abrir o xornal pola tenebrosa páxina das esquelas e atoparme de súpeto:
EQUIPO DE GOBERNO
PARTIDO POPULAR DE FOZ
Abandonan a alcaldía de Foz os 5 meses de tomar a alternativa.
– D.E.P –
O seu alcalde Sr. Javier Jorge Castiñeiras, os seus concelleiros: Sr. Manuel Pavón López, Sra. Mercedes González Alonso, Sra. María Teresa López Rego, Sr. Pedro Fernández Manín.
Hora de salida: “Canto antes”.
Cementerio: Concello de Foz
Funeral: Sede do Partido Popular de Foz.
Rógase unha oración para que ningún negado polo estilo volva a presentarse para optar á alcaldía da Vila de Foz, e moito menos esbozando un eslogan de risa: “Ninguén fará máis”. (Polo que un servidor trocaría: “Ninguén prohibirá máis en tan pouco tempo”).
Espero sabios lectores, tomen este artículo con humor para afrontar os vaivéns desta coxuntura actual na que estamos inmersos.
M. M. Fernández.