Nota de prensa
O CENTRAD inicia hoxe a programación de obradoiros de outono, que inclúe trece variadas propostas
– Este sábado comezou un curso sobre a fabricación de xoias con esmalte, que o artesán Miguel Caamaño impartirá ata o día 30, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
– O luns arrancan outros catro talleres que mostrarán ós asistentes como facer cestos, encadernación, ebanistería e marroquinaría
O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación iniciou este sábado a programación de obradoiros da tempada de outono, que inclúe trece variadas propostas relacionadas coa cestaría, xoiaría, coiro, artes do libro, vidro, madeira e tapizaría. O artesán xoieiro Miguel Caamaño imparte o curso que arrincou hoxe, dedicado ós esmaltes ao lume en xoiaría. As clases impártense en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e continuarán desenvolvéndose mañá e as fins de semana do 22 e 23 e do 29 e 30 deste mes. Os asistentes aprenderán como elaborar broches con esmalte e prata ou cobre.
Este luns comezarán outros catro talleres:
– “Corozas e Capelos”, que mostrará ós asistentes como elaborar este tipo de cestos. María de la Cruz Torre ofrecerá as clases, que terán lugar ata o 21 de outubro, entre as 10:00 e as 14:00 horas e de 16:00 a 20:00.
– “A Marroquinería como especialidade”. José Ramón Lleó ensinará neste obradoiro como fabricar artigos de coiro, como bolsos e maletas. Ata o 29 de outubro, de 16:00 a 20:00 horas.
– “Encadernación”. Este curso está dirixido a alumnos con coñecementos previos de encadernación. Será impartido polo artesán Alfonso Rodríguez de 9:00 a 14:00 horas. O obxectivo é mostrar diversas técnicas de encadernación e técnicas decorativas aplicadas ao libro.
– “Iniciación á ebanistería”. Os participantes coñecerán as ferramentas e a súa manipulación, e construirán pezas de mobiliario. João Fernández dará as clases de 10:00 a 14:00 horas.
A oferta do programa do CENTRAD para o outono desenvolverase hasta o 27 de novembro e complétase con outros oito cursos sobre técnicas decorativas e de cor en coiro (do 22 ó 30 de outubro); contas de vidro (do 24 ó 28 de outubro); cestaría da Ribeira Sacra (o 5 e 6 do próximo mes); cestaría tradicional de láminas de madeira, cesta dos zoqueiros, cesta da merenda e cesta da media (do 7 ó 18 de novembro); fabricación de torques (do 5 ó 27 de novembro); tapizado (entre o 7 e o 18 de novembro); e iniciación á tipografía e impresión en chumbo (do 14 ó 23 de novembro).
Algunhas prazas libres
Aínda que a maioría dos cursos teñen xa tódalas prazas cubertas (hai 71 persoas anotadas), quedan vacantes en “Cestaría de Láminas”, “Fabricación de Torques”, “Tipografía”, “Contas de Vidro” e “Tapizado”. Para anotarse hai dúas posibilidades: facelo de maneira presencial no CENTRAD, situado na rúa Chantada da capital, de 9:00 a 14:00 horas, ou a través de Internet, entrando na páxina www.centrad.org.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



