O BURELA FS IRROMPE NA PISTA DO LÍDER CO ÍMPETO DA MAREA LARANXA
Como tarefa da oitava xornada, o Burela FS Pescados Rubén irromperá na pista do líder, Oxipharma Granada, co ímpeto e fortaleza da arquicoñecida Marea Laranxa, que este sábado desprazará a máis de medio cento de representantes da peña ‘pataqueira’ para completar unha semana brillante, na que xa goleou ao Playas de Castellón (10-1) en liga e continúa o avance na Copa do Rei, ante o Noia FS (2-3). A cita entre a primeira praza dos andaluces (16 puntos) e a cuarta dos galegos (11 puntos) dará comezo ás 18.30 horas, no pavillón de Albolote.
Máis de 1.000 quilómetros separan a escuadra mariñá do obxectivo de puntuar en Granada, un gran reto no que o burelista André, autor dun dos tantos que lles deu o triunfo aos burelaos na Copa do Rei, confía plenamente: “Somos conscientes de que nos medimos a un dos favoritos, pero nós temos un gran equipo e podemos facerlle fronte” dixo o ala-peche, que incidiu na súa propia evolución como xogador e no acoplamento do grupo: “Estamos empezando a recoller o froito do bo traballo; o equipo xa está adaptado á filosofía de xogo de Quique García e tras a irregularidade do inicio agora chegan os bos resultados, como se viu ante o Playas e o Noia. Ademais persoalmente tamén me atopo nun bo momento; con dous anos en Burela adquirín madureza no xogo, aínda que coma calquera sempre busco mellorar”.
Outro dos protagonistas que tamén ten depositadas moitas esperanzas no partido, pero do bando contrario, é o ex-laranxa Edu, que estrea esta tempada a portería granadina baixo as ordes do que foi adestrador do Azkar Lugo, Bruno García. “Será un partido moi especial; despois de catro anos espectaculares deportiva e persoalmente en Burela estarei cara a cara cos meus antigos compañeiros“ manifestou o meta naronés.
Calidade de vestiario, rotacións de xogadores con experiencia en Primeira e Segunda, equipo menos goleado da categoría, alto ritmo de xogo, numerosa afección… Moitos son os condicionantes que levan a colgarlle o cartel favorito ao Oxipharma, que aínda non cedeu nin un só punto na casa. No entanto, nesta esixente semana, o cadro andaluz tivo os seus máis e os seus menos, co empate en Martorell (2-2) e con moito traballo na Copa do Rei e André augura que as forzas poden estar igualadas: “Será un gran partido, moi aberto, pero a liña actual leva a crer con moita solidez nas nosas posibilidades. Ademais estaremos arroupados polos seareiros laranxas; coa súa axuda sempre medramos na pista”. Neste senso coincidiu o meta granadino: “Será un partido moi intenso e vistoso, con presión pola dúas partes e no que o público poderá gozar do espectáculo” dixo o de Narón, que tamén fixo mención da bancada: “Vai haber un bo ambiente; no único partido que tivemos en Albolote a xente respondeu moi ben e nesta ocasión tamén estará a incombustible afección da Pataca Naranxa”.
Como bos amigos, todo son bos desexos entre o laranxa e o novo granadino, pero dende logo ningún dos dous está polo labor de ceder nin a mínima sobre a pista.
Para o duelo en Granada o técnico burelés, Quique García, contará coa baixa de Christian, que evoluciona favorablemente, e Víctor Cachón será dúbida ata última hora. O adestrador laranxa augura un “gran espectáculo de fútbol sala xa que se dan todos os condicionantes previos. Gozaremos dunha gran tarde de fútbol sala entre dous conxuntos importantes da Segunda División xa que ambos chegamos á cita nun bo momento. O Granada é o líder da competición e o CD Burela FS Pescados Rubén chega coa ambición de derrotalos no seu feudo”. Ao respecto do factor cancha indicou que “teñen esa lixeira vantaxe de xogar na casa” aínda que o conxunto mariñán non estará só na cidade da Alhambra. Quique García agradece “enormemente o apoio que teremos dos nosos siareiros que se desprazarán máis de 1.000 quilómetros e agardamos darlles unha gran ledicia o sábado”.
EL BURELA FS IRRUMPE EN LA PISTA DEL LÍDER CON EL ÍMPETU DE LA MAREA NARANJA



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
