Os Sendeiros de Foz este domingo 13 de novembro fixemos a ruta da “Fervenza do Toxa – Mosteiro” de Carboeiro en Silleda ( Pontevedra). Unha ruta fermosa para os amantes do sendeirismo, lugares cheos de lendas e historias. Moi recomendable para o que lle guste desfrutar da natureza. A sorte acompañounos e librounos da choiva.
