O 23 de decembro, terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela a entrega de premios e diplomas dos concursos convocados con motivo da conmemoración o 25 de novembro do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. As gañadoras: Amara Chao, Cristina García e Lucía Díaz recibirán os premios da man do alcalde de Burela, José María González Barcia, nun acto previsto para as 11:30 da mañá. O Concurso de Microrrelatos e o Concurso de Lemas foron convocados polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Burela
Entrega dos premios do “Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres” en Burela