Nota de prensa
O PRESUPOSTO DO CONCELLO PARA 2012 ASCENDE A MÁIS DE 5.900.000 EUROS, BAIXA EN TRESCENTOS MIL EUROS CON RESPECTO AO DO PRESENTE ANO. GONZÁLEZ BARCIA TILDA O ORZAMENTO DE REALISTA, RESTRITIVO E PENSADO PARA CUBRIR OS SERVIZOS BÁSICOS DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS DE BURELA. A CAPACIDADE REAL DE GASTO SERÁ DE 5.339.000 EUROS.
Burela, 2 de decembro de 2011. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, acompañado de parte dos membros do seu equipo de goberno, presentou hoxe públicamente os presupostos municipais para 2012, que ascenden a un total de 5.960.802’97 euros, 310.000 euros menos que no presente ano.
Barcia explicou que “o capítulo de persoal lévase o 45% do total do presuposto, ou sexa, 2.676.528’10 euros, namentras que o de gastos correntes e servizos ascende a 2.329.088’00 euros”. O rexedor subliñou que “a capacidade que temos é totalmente limitada, porque só dispoñemos de 292.517’10 euros para transferencias correntes, dentro do que se inclúen as axudas para material escolar, o convenio coa Fundación Expomar, a aportación ao concello de Viveiro polos gastos derivados da selectividade, pero fundamentalmente destaca a aportación ao consorcio de auga Cervo-Burela”. O alcalde tamén dixo que o capítulo de inversións reais será de 154.669’77 euros. O presuposto do Concello de Burela para 2012 complétase cunha partida de 467.000 euros destinada ao abono da débeda bancaria existente.
Pero González Barcia fixo fincapé “nun dato que é importante, que é a capacidade real de gasto que tén o concello. Se temos un presuposto de 5.960.802’97 euros e a capacidade real de gasto é de 5.339.133’20 euros, eso quere decir que temos 621.000 euros no presuposto dos que non podemos dispoñer, e eso é un hándicap importante”. No que se refire ao capítulo de ingresos, o alcalde de Burela destacou que “a maior cantidade procede das transferencias correntes, 2.356.123’79 euros, prácticamente 300.000 euros menos que no 2011, debido a unha previsión máis realista de ingresos e tamén á obriga de devolver prácticamente 100.000 euros da participación nos tributos do Estado correspondentes aos anos 2008 e 2009”.
Sobre os impostos directos, impostos indirectos e taxas, “as previsións de ingresos axústanse absolutamente aos dereitos recoñecidos no presente exercizo de 2011: nós non inflamos os presupostos”, afirmou tallante o alcalde burelés.
Para González Barcia, “os presupostos son realistas, xa que nos obrigan a non gastar máis do que ingresaremos; son restritivos, porque o seu montante total é menor que no 2011, pero fundamentalmente é menor a capacidade de gasto”. E finalmente, o rexedor manifestou que “son uns presupostos que están pensados para cubrir os servizos básicos das veciñas e dos veciños de Burela, lonxe de gastos superfluos e non produtivos, atendendo a unha situación de crise económica que nos afecta totalmente, dado que as demais administracións están tendo bastante retraso en transferirnos as aportacións que teñen comprometidas con nós, o que nos provoca un problema serio de liquidez”.
O alcalde dixo que “os veciños de Burela votaron maioritariamente ao PP nas eleccións municipais de maio e fixérono cunha finalidade, para que gobernásemos, e nosoutros estamos gobernando o Concello e dentro do que é a labor de goberno está o bó uso que desde o equipo de goberno temos a obriga de darlle aos cartos que os cidadáns depositan nos fondos do Concello para facer deles unha boa e correcta distribución atendendo aos tempos de crise que estamos a vivir. Non podemos despilfarrar e non o imos facer, faremos os recortes onde teñamos que facelos, non nos vai temblar a man. Temos que deixar ao Concello nunha boa situación económica para que cando se salga da crise Burela non teña máis débeda da que xa ten e nos permita empezar a traballar pensando noutros proxectos”.
O presuposto de Burela para 2012 debatiráse no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro luns, 5 de decembro, ás 20 horas.