Nota de prensa:
A COMISIÓN PRO RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MANTERÁ UN ENCONTRO ESTA TARDE EN SAN CIBRAO COA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA. O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ, CONSIDERA QUE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS DEBEN BUSCAR ALTERNATIVAS E SOLUCIÓNS A ESTA IMPORTANTE DEMANDA.
Ribadeo, 24 de xaneiro de 2012. A comisión pro residencia da terceira idade para Ribadeo manterá un encontro esta tarde coa delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo. O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que a xuntanza foi solicitada co conselleira de Traballo e Benestar, que onte estivo na Mariña, pero dixo que a Raquel Arias lle farán chegar as impresións e inquedanzas de dita comisión da que forman parte os grupos políticos do Concello de Ribadeo e unha plataforma que aglutina a diversas asociacións veciñais.
O rexedor explicou que “esta tarde manteremos esa xuntanza entre esta comisión, formada por representantes dos diferentes grupos da Corporación Municipal e da plataforma de asociacións veciñais, coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. Nesta comisión traballamos conxuntamente para que Ribadeo conte cunha residencia da terceira idade”.
Ao encontro “acudimos con toda a animosidade, con toda a ilusión e con toda a determinación, aínda que a entrevista unánimemente a temos plantexado diante da conselleira de Traballo e Benestar, que onte estivo na Mariña. Hoxe reunirémonos coa delegada territorial sen ser satisfactorio para nós, dado que queremos manter esa entrevista coa conselleira, pero a ela como representante da Xunta na provincia de Lugo transmitirémoslle con toda a determinación e con todo o ánimo constructivo as nosas impresións”, sinalou Fernando Suárez Barcia.
O alcalde ribadense considera que “temos que buscar alternativas e solucións entre todas as administracións, sabendo que a situación económica é difícil, pero tamén que a evolución demográfica de Ribadeo e a falla dunha residencia pública fáinos que todos teñamos que achegar o hombro desde os diferentes partidos, visións e administracións para buscar o fin conxunto e o fin común de conquerir unha residencia da terceira idade pública para Ribadeo”.
O encontro entre a comisión pro residencia e a delegada territorial da Xunta será ás 20 horas en San Cibrao.