Nota de prensa
ANTONIO VEIGA ANUNCIA A CONTINUACIÓN DE “TODOS A XOGAR”, QUE LEVOU O DEPORTE A 135 ASOCIACIÓNS
Segundo explicou o vicepresidente, o programa prorrogarase tal como agora até xuño e logo do verán váiselle dar continuidade
Veiga ratificou a importancia do programa que chegou a 2000 usuarios “para achegar a práctica deportiva ao rural lucense como tamén a colectivos con discapacidade ou en risco de exclusión como as persoas maiores”
Lugo, 22 de marzo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, xunto ao delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, compareceron en rolda de prensa esta mañá no Pazo dos Deportes de Lugo, acompañados dos 25 monitores e monitoras do programa “Todos a Xogar”, para anunciar precisamente a estes e aos medios de comunicación a prórroga até o mes de xuño deste importantísimo programa de dinamización social a través do deporte, e o mantemento do seu funcionamento unha vez pase a época estival. Segundo explicou Antonio Veiga, “tras comprobar que a posta en marcha deste proxecto foi un auténtico éxito polo nivel de logros acadado e pola propia demanda que tivemos das asociacións, plantexámonos facer un esforzo para prorrogalo tal e como até agora até o mes de xuño, xa que o programa leva en marcha desde novembro e finalizaría agora en marzo”.
Veiga explicou que “son 135 as asociacións de toda a provincia e aproxi que se beneficiaron deste programa repartidas da seguinte maneira: repartidas da seguinte maneira: no programa “Eu tamen xogo no Breo, baseada na promoción de exercicio físico de baixa intensidade para persoas con algún tipo de discapacidade, foron 33 asociacións. No programa, “Non te retires, volta a xogar”, baseado en ximnasia xerontolóxica, de mantemento e de baixa intensidade para persoas maiores, foron 58 asociacións. E no tocante ás actividades físicas predeportivas para nenos e nenas en idade escolar, englobadas en “Obradoiro deportivo”, foron 44 asociacións, en parte ANPAS de centros de ensino”.
O vicepresidente da Deputación entrou a explicar esta participación das asociacións por comarcas, ofrecendo os seguintes datos:
-Na comarca da Mariña participaron 39 asociacións das cales foron:
-Eu tamén xogo no Breo: 7 asociacións.
-Non te retires, volta a xogar: 17 asociacións.
-Obradoiro deportivo: 15 asociacións.
-Comarca de Lugo: 53 asociacións das cales:
-Eu tamén xogo no Breo: 17 asoc.
-Non te retires, volta a xogar: 21 asoc.
-Obradoiro deportivo: 15 asoc.
-Comarca do Sur: 24 asociacións das cales:
-Eu tamén xogo no Breo: 9 asoc.
-Non te retires, volta a xogar: 8 asoc.
-Obradoiro deportivo: 7 asoc.
-Comarca da Montaña 19 asociacións das cales:
-Eu tamén xogo no Breo (Non hai)
-Non te retires, volta a xogar: 12 asoc.
-Obradoiro deportivo: 7 asoc.
Por todo isto, Veiga afirmou que “vendo estas cifras comprendemos como se cumpriron os obxectivos que nos marcamos cando presentamos este proxecto, cun deles primordial que era achegar a práctica deportiva á poboación rural que carece deste tipo de oportunidades”.
Pola súa banda, Mario Outeiro felicitou aos monitores e monitoras polo seu traballo e afirmou que Mario Outeiro afirmou que “Todos a Xogar é un programa totalmente transversal, que implica desde o deporte ao benestar social, igualdade e xuventude, xa que pretende reactivar a actividade física nos segmentos de poboación que habitualmente non realizan deporte en concellos do rural nos que hai menos oportunidades, pero tamén levar a cabo este tipo de accións na poboación do no noso medio rural ten unha importante compoñente tamén cultural e de cohesión social, xa que permite ás persoas entrar en contacto, compartir experiencias e socializar, polo que tamén son moi importantes para evitar a inactividade e o despoboamento do rural”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
