Nota de prensa
Viaxe a Guadalajara
A Peña Deportivista de Burela desplazarase o vindeiro sábado día 10 ata Guadalajara para presenciar o partido entre o equipo local e o Deportivo da Coruña. A saída será o sábado as 05:00 dende a estación de autobuses de Burela.
Tódalas persoas interesadas en participar na viaxe poderan facelo poñendose en contacto co presidente da peña Patxeco (669381643) ou co secretario Toni (680494228), antes do martes día 6. O prezo da viaxe será de 90€ para os socios e 100€ para os non socios, incluíndo desplazamento, aloxamento e entrada para o partido.
O regreso será o domindo día 11, e polo camiño celebrarase un xantar de confraternización con outras peñas deportivistas que tamén se desplazaran ata Guadalajara.
Dende a directiva da peña anímase a todas as persoas a disfrutar dunha fin de semana entretida e en boa compañía