Sábado, día 24 de marzo, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, haberá un concerto na que participarán rapaces das Escolas de Música da Mariña. O acto está enmarcado dentro dos Sábados Culturais de Alfoz e nesta ocasión conta coa inestimable colaboración do gran músico Xan Carballal. No acto participarán 52 músicos novos, que actualmente están estudando nas Escolas de Música de Burela, Mondoñedo, Ribadeo e Xove. Diversos grupos de corda, vento e metal interpretarán un total de once temas musicais, entre os que estarán pezas de Boccherini, Beethoven, Telemann, Bach, Sibelius, U2 ou algunha peza de carácter popular.










Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



