![]()
NOTA DE PRENSA
O Club Baloncesto Burela vai remitir un escrito á Federación Galega de Baloncesto para dar de baixa por motivos económicos aos equipos júnior femenino e cadete femenino da cara a 2ª fase da competición. Esta fase é a que ten un maior coste económico, debido a que os desprazamentos son por toda Galicia.
Queremos salientar que este club, na etapa actual, desde a temporada 2007/08 cumpría exactamente os convenios que tiña firmados co Concello, para a posta en marcha da escola municipal de baloncesto, non cobrando aos xogadores/as ningunha cota e cumprindo os obxectivos previstos por cada un dos 90 xogadores que temos. Sinalar tamén que na actual temporada 2011/12 a pesar de non ter convenio co Concello, tampouco cobrou cantidade algunha os xogadores/as.
Pola contra, desde o Concello fixósenos saber en decembro, tres meses despois de empazada a actual temporada, que para deporte destinaba cero euros, despois de que en reunións previas se nos prometera que ían manter as escolas deportivas como mesmo formato anterior, matizando que ían variar ás condicions pero que estaban dispostos a colaborar co deporte de base. A día de hoxe o noso club non percibiu nin un céntimo dos 13.800 € do convenio 2010/11, que nós xustificamos en maio do 2011 e que o concello tiña consignados con cargo ao exercicio orzamentario de 2011
Seguiremos ata a fin da temporada cos equipos que participan no programa Xogade da Xunta de Galicia (benx, alev e infantil), que para o club ten un coste menor, evitando os deprazamentos a nivel provincial e galego dos equipos cadete e júnior ademais das arbitraxes correspondentes e outros gastos.
De cara a próxima tempada 2012/13, se non hai un cambio de postura a nivel institucional, o clube seguirá co deporte escolar e o deporte federado terá que ser financiado ao 100% polos pais dos participantes.
Para a diretiva dun club é clave saber que convenios e axudas vai ter coa finalidade de programar as actividades da temporada. Nas condicións actuais, en que prometen facer efectivas subvencións que non se cumpren, o concello na última reunión que tivemos díxonos que entre xaneiro e febreiro salvo catástrofes nas cales tiveran que facer uns gastos extraordinarios, íannos facer efectiva a cantidade que nos adebedan; é imposible facer unha planificación económica e cumplir os acordos asinados. Non é posible facer unha planificacion económica e cumplir os acordos asinados, cos nosos proveedores de material, autobuses, bocadillos, adestradores, etc. cos que non podemos cumplir, provocando un desánimo e desmotivacion na directiva.
Non somos nós quen debemos xuzgar a posición de outros, non obstante non podemos entender que por moita crise que haxa, como un concello que ten a maior porcentaxe provincial de poboación xove, adique cero euros ao deporte de base. Debemos ser todos conscientes de que o deporte de base é un eixe fundamental para a formación dos xoves, inculcando valores coma a deportividade, o compromiso a capacidade de sacrificio e o traballo en equipo.
A nosa misión como diretiva é facer posible que os xogadores/as disfruten da práctica do seu deporte, poñendo para este fin todos os medios físicos e humanos do club, pero entendemos que esta finalidade non é incompatible con prantexarse que utilidade ten para os bureleses ter unha delegación de deportes no concello que adica cero euros ao deporte de base ? Creo que temos dereito a que alguén no lo explique.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
