A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E OS SEUS BENEFICIOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA TERRA. O ACTO SERÁ O 27 DE ABRIL.
Burela, 23 de abril de 2012. A Delegación de Medio Ambiente organiza unha charla para conmemorar o día da terra. O acto desenvolveráse o vindeiro venres, 27 de abril, ás 20 horas no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca).
A charla versará sobre Os productos ecolóxicos e os seus beneficios e será impartida por Edmundo Maseda Maseda. Este veciño do Valadouro adícase á producción ecolóxica de hortalizas desde hai 6 anos. Cultiva baixo invernadeiro tomates, pementos e leitugas, e ao aire libre cultiva patacas e fabas. Edmundo Maseda pertence á Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, “que se entregan á súa labor respectando o medio ambiente e as boas prácticas agrícolas e gandeiras”.
Na charla Edmundo Maseda explicará en qué consiste a agricultura ecolóxica e cales son os seus beneficios para a saúde, o medio ambiente e a economía rural.
Remitido










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



